Skip to Content

Plan de consumo de froita nas escolas

Participamos un curso máis no Plan de consumo de froita nas escolas, integrado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Grazas a este plan, o alumnado da ESO ten á súa disposición unha froita de balde durante os recreos, coa intención é fomentar os hábitos saudables entre o alumnado.

  

Marcadores de lectura

O departamento de orientación organizou un concurso de marcadores de lectura para usar como agasallo para o alumnado de próxima incorporación ó centro, que nos visitará pronto, e para a comunidade escolar en xeral. Coordinou a actividade a orientadora Raquel Vijande.

O máis votado foi o elaborado por Pablo Fenández Díaz. A continuación os de Violeta Carrero Isla, Paula García Freije e Irene Logares Carvajales.

Pódense ver todos na nosa galería, premendo neste ENLACE

 

 

Sendeirismo polo concello de Trabada

18 maio, 16

As profesoras Teresa González Piñeiroa e Beatriz González Fernández acompañaron un grupo de estudantes de 4º de ESO nunha ruta de sendeirismo polo concello de Trabada. De paso, realizaron unha visita ó museo etnográfico de Pepe Rocha.       [MÁIS IMAXES]

VI Foro intercomunitario de investigación xuvenil

A pasada semana, catro estudantes no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo asistiron en Lugo durante tres días ó VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil. Trátase dun un encontro anual no que estudantes de varias comunidades autónomas expoñen investigacións realizadas en diferentes temas, dende aspectos de como medran diversos moluscos a app para localización de niños de velutina. Nas súas orixes ten participado o IES Porta da Auga, daquela dentro do proxecto 'Investigación, haciendo y difundiendo' do Ministerio de Educación, e este ano, con alumnos con traballos sobre a evolución das nosas praias (Estela Bravo e Iria García) e un estudo sobre o mareo (Alberto Dopico, Diego Alonso e Marta Calonge). Na foto, un momento dunha das exposicións.

Coordinou a actividade o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química. 

Día das Letras Galegas: Manuel María traducido

Durante esta semana e a que vén, nunha parede ben visible iremos escribindo unha estrofa de Manuel María traucida ós idiomas dos lugares de procedencia do noso alumnado. Unha homenaxe a Manuel María e á multiculturalidade que promovemos.    [VÍDEO]  [MÁIS IMAXES]

 

 

Día das Letras Galegas: ilustrando a Manuel María

O alumnado de 1º e 2º da ESO ilustrou textos de Manuel María. Coordinaron a actividade as profesoras Isabel López e Mª José Álvarez Amor.

 

Día das Letras Galegas: láminas

Durante esta semana e a que vén, mantemos expostas nunha das escaleiras do noso centro as láminas sobre Manuel María que nos enviou a SXPL.

Ó longo da semana, o alumnado vai pasando a revisalas para responder un cuestionario relacionado co autor.

Día das Letras Galegas: exposición sobre Manuel María

O mércores, o alumnado da ESO visitou unha exposición sobre Manuel María na EOI de Ribadeo para a cal cedemos os fondos relacionados co autor que temos na nosa biblioteca.

9 de maio: Día de Europa

O 9 de maio celebramos o Día de Europa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo coa presenza de dous alcaldes da vila que animaron a mañá do alumnado de 4º de secundaria e 1º de bacharelato. Os traballos dos alumnos e alumnas da materia de Europa, que elaboraron videos sobre a historia da Unión Europea, blogs, e fixeron entrevistas pola vila preguntando sobre os 30 anos da pertenza de España e polas ventaxas ou inconvenientes, deron pe ás reflexións dos nosos invitados.

Eduardo Gutiérrez lembrou 1986, daquela como concelleiro, en vísperas de ser elixido alcalde (1987-1995), a súa visión daquel Ribadeo de entonces dista moito da imaxe do Ribadeo actual, que representa Fernando Suárez, que, a pesares das dificultades e dos tropezos que as actividades políticas xeran ao noso redor na política comunitaria, mantén que sempre fomos Europa, e ámbos os dous coinciden en que, nestes tempos que nos tocan vivir, cos altibaixos propios dos avatares políticos, estamos mellor dentro que fóra…. Só nos queda equilibrar os distintos potenciais nacionais e ser capaces de defender os nosos dereitos, para que a idea da Unión Europea se consolide na liña na que foi ideada: un espazo común de intercambio pacífico e progresista, no que poder construir un futuro democrático e de valores para todos os cidadáns.

Convocatoria extraordinaria Módulos 1 e 3 da Educación Secundaria de Adultos

Premendo neste enlace accederás ó calendario coas datas das probas da convocatoria extraordinaria correspondente ós Módulos 1 e 3 da Educación Secundaria de Adultos, que terán lugar entre o 18 e o 24 de maio.

A sesión de avaliación celebrarase o 25 de maio.

Xefatura de estudos de adultos

Distribuir contido


by Dr. Radut