Encontre a súa información...

Aliméntate ben
Mér, 16/07/2014 - 11:00
[actualizado o 11/01/2016]

 

Ficha técnicaProxecta

Institución:

  • Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar

Ámbito: saúde/alimentación
Definición: mellora dos hábitos alimenticios do alumnado.
Ofrece 4 modalidades (non excluíntes):

  • a) Froita na escola
  • b) Lácteos na escola
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)
  • d) O sabor da aventura está no mar

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido:

  • a) Froita na escola: 2º ciclo de infantil, primaria e ESO
  • b) Lácteos na escola: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP de grao medio
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar): infantil, primaria e ESO
  • d) O sabor da aventura está no mar: infantil, primaria e ESO

Límite de centros participantes: 150
Criterios de selección:

  1. Como criterios xerais:
    1. valorarase o número de modalidades solicitadas (cada solicitude recibirá tantos puntos como modalidades solicitadas).
    2. de ser preciso, aplicarase como criterio a orde de envío definitivo da solicitude a través da plataforma.
       
  2. Para a modalidade (a) Froita na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
    RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento paraa concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de
  3. Para a modalidade (b) Lácteos na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
    RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2015.(DOG do 12 de marzo). [descargar PDF]. Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na seguinte ligazón.

Responsable do programa:

Nome: Ramón Damián Fernández Conchas
Departamento: Xefatura de Servizo de Mercados
Teléfono: 981 546 261
Correo electrónico: ramon.fernandez.conchas@xunta.es

Para obter información sobre a resolución das axudas das modalidades A e B cómpre realizar as consultas no FOGGA (Mª Luz Acción Porto: 981 540 079).

Xustificación

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

Obxectivo xeral

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Palabras clave

Alimentación saudable. Hábitos de vida saudable. Recursos mariños.

Modalidades de participación

  • a) Froita na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.
  • b) Lácteos na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos. Nesta modalidade ofrécese leite e produtos lácteos a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA.
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar). Esta modalidade pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
  • d) O sabor da aventura está no mar. Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e os nenos galegos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

Metodoloxía recomendada

Traballo cos materiais didácticos ofrecidos polo programa.

Temporización

As modalidades A e B esixen ter solicitada e concedida a correspondente axuda do FOGGA, polo que o centro solicitante debe atender a data de publicación das convocatorias das axudas.

Actividades e recursos

a) Froita na escola:

b) Lácteos na escola:

c) Ponlle as Pilas ao teu bocata:

d) O sabor da aventura está no mar:

Nas modalidades “Ponlle as Pilas ao teu bocata” e “O sabor da aventura está no mar” hai material específico para o profesorado e máis para o alumnado, tanto en formato dixital como en formato papel.

Produto final

Nas modalidades A e B cómpre facer fincapé no desenvolvemento dun verdadeiro programa educativo de fomento do consumo de froita e lácteos, respectivamente. O desenvolvemento do programa educativo non pode limitarse á distribución do produto.