Skip to Content

Concurso de cómic

Aberto o prazo para o I Concurso de Cómic con temática sobre o fomento da lectura.

Podes consultar as bases no documento adxunto.

Moi importante: data límite de entrega, 10 de marzo.

Para máis información, pasa pola Biblio.

Quincena da poesía cantada

Achégase a quincena da poesía cantada no Instituto e queremos anunciarvos a celebración dun obradoiro de Hip-Hop e outro de Regueifa.

O obradorio de Hip-Hop celebrarase o día 28 de febreiro para os cursos de 3º e 4º da ESO. Prégase que os interesados en participar se poñan en contacto con Federico, profe de Música, ou con Carme, profe de Galego. 

O 1 de marzo será a quenda para que o alumnado de 1º e de 2º da ESO participen nun obradoiro de Regueifa.

Na semana seguinte organizaremos un concurso de rimas cantadas nos tempos de lecer dos días 8, 9 e 10 de marzo. Na primeira pausa realizarase a competición de regueifa e na segunda, a de freestyle. Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto.

Gozade coa poesía e coa música na quincena de rimas cantadas!

Gañadores Candeloria

Xa coñecemos os gañadores do concurso de cartas de amor insólitas co que conmemoramos a Candeloria. 

Na categoría 1º e 2º de ESO, o gañador do primeiro premio foi Iago Gerpe e o segundo premio recaeu en Daniel Castro.

Na categoría de 3º e 4º da ESO, o primeiro premio foi para Marcos González e o segundo, para Alba Pérez. Parabéns a estes grandes artistas!

Servizo integral de reparación con cobertura total contra roturas accidentais do portátil do alumnado.

Información de como facer a contratación do seguro dos ordenadores e que cobertura ten con datos de contacto no documento adxunto.

SEGURO OPCIONAL PARA O PORTÁTIL:  Se así o desexa, pode contratar un seguro anual (válido dende setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136.

Concurso de cartas de amor insólitas

Celebra a Candeloria, a festa galega dos namorados, participando nun concurso de cartas de amor insólitas.

Establécense dúas categorías (1º-2º ESO e 3º-4º ESO) dotadas cun primeiro premio (50 euros) e un segundo premio (30 euros), para gastar no comercio local do concello.

Atoparedes as bases do concurso colgadas na cortiza das vosas aulas.

Na Biblioteca tamén se porá á vosa disposición unha "caixa de correos de afectos" onde podedes depositar as vosas mensaxes de cariño, amizade, etc., que serán entregadas aos seus destinatarios o día 14 de febreiro. 

Nesa mesma data farase público o resultado do concurso de cartas.

Desatade a vosa imaxinación e animádevos a participar!

Hora de ler

O vindeiro venres, día 13 de xaneiro, retomamos a "Hora de ler" como actividade semanal de fomento da lectura.

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo dedicaremos unha sesión á lectura, tal e como podedes consultar neste calendario.

Non esquezades traer o voso libro favorito e gozade da actividade!

Distribuir contido


by Dr. Radut