Skip to Content

Alá vai o defunto Samaín

 O maSamaínrtes 31 de outubro celebramos o Samaín cunha serie de actividades que ocupou boa parte da mañá. 

Ademais dunha exposición e dunhas lecturas  de medo por parte da xente do aquén, a visita da Santa Compaña atemorizou á comunidade das persoas vivas, en especial cando aquela desafiou os nosos costumes ata incluso subirse ao escenario para espallar a palabra do alén...

Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co acendido do noso faro dos libros.

O voluntariado da Biblioteca construíu un faro, símbolo do noso Concello e da vitoria da luz sobre as tebras, e leu un texto en homenaxe e agradecemento a eses lugares que nos ofrecen o refuxio e a compañía dos libros.

Podedes ver máis fotografías e ler o manifesto nos documentos adxuntos.

Feliz Día das Biblios e que sigan a guiar o voso camiño!

Celebración Día das Linguas

O Día das Linguas é unha iniciativa do Consello de Europa para pór en valor a diversidade lingüística da Unión Europea e fomentar a aprendizaxe de distintos idiomas.

Conmemórase o día 26 de setembro e no IES Pedra da Aguia celebrámolo cun recital poético no cal alumnado de todos os cursos leron un fragmento do poema "O neno morto", de Lupe Gómez, nas distintas linguas que falan os nosos alumnos e alumnas.

Galego, castelán, catalán, portugués, árabe, francés, inglés, italiano e éuscaro foron os idiomas que se escoitaron na nosa Biblioteca nun acto artístico e reivindicativo do valor de todas as linguas coma patrimonio da Humanidade. 

 

Día das Linguas

O 26 de setembro conmemórase o Día das Linguas e celebrámolo na Biblioteca cun recital poético no que alumnado de todo o centro lerá un fragmento do poema "O neno morto", de Lupe Gómez, nos distintos idiomas que se falan na nosa comunidade educativa.

Poderemos escoitar o poema en galego, en castelán, en catalán, en portugués, en francés, en árabe...

Feliz Día das Linguas!

Hora de Ler 1ª avaliación e itinerarios lectores

Comezamos a Hora de Ler o 2 de outubro. Este ano, como novidade, contamos coas propostas que os Departamentos fixeron para elaborar un itinerario lector por nivel.

Estes itinerarios serán presentados nas aulas ao longo desta semana. Esperamos sexan do voso agrado!

 

Saída de convivencia

 O pasado venres 15 de setembro tivo lugar a tradicional saída de convivencia do Centro, na que alumnado e profesorado conviviron durante unhas horas no percorrido que trancurre entre a praia de Lingunde e o merendeiro do Ariño. Unha caminata duns 6 km doada e sen complicacións, que serviu para coñecerse ou para reforzar lazos de amizade. Tamén foi unha  boa forma de empezar o novo curso académico.

Distribuir contido


by Dr. Radut