Skip to Content

Obradoiro Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

 

O alumnado de 3º da ESO recibiu o pasado venres 16 de Febreiro un obradoiro sobre uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación: a seguridade na xestión de perfis nas redes sociais, a identidade dixital, a importancia da pegada dixital, a privacidade nas redes sociais ou as ferramentas e recursos aos que acudir se teñen dúbidas.

Foi impartido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

 

Encontro aberto a toda a comunidade educativa

O venres, 16 de febreiro, o Club de Lectura de adultos organiza un encontro co médico e escritor Héctor Lema.

A xuntanza realizarase ás 17:00 hs na biblioteca escolar, consistirá nun obradoiro de escritura e está aberta a toda a comunidade educativa do IES Pedra da Aguia (membros do club de lectura de adultos, familias, profesorado, veciños...).

Héctor Lema é un profesional da Medicina orixinario da Ponte do Porto, con consulta de odontoloxía en Carballo e apaixonado da literatura. As súas principais novelas son "Placentas: el oro rojo" e "Una vida como la tuya", que é unha homenaxe ao seu pai.

Estades todos convidados así que... non faltedes!

Encontro artístico e literario con Xulia Pisón

O luns, día 5 de febreiro, celebramos o Día da Ilustración cun encontro na Biblio coa autora coruñesa Xulia Pisón.

Ao encontro asistiu o alumnado de 1º da ESO pertencente ao Club de Lectura e tiveron a oportunidade de descubrir os segredos de como foi creado o libro que leron, "Microalgas". 

O obradoiro foi eminentemente práctico e os asistentes usaron os seus lapis e pinturas de cores para aprender unha morea de trucos sobre como se debuxan as personaxes dos cómics e das películas de animación. 

Ademais de achegarse ao mundo da ilustración e da creación artística, o alumnado pasou unha boa mañá na compaña de Xulia Pisón. 

Intensa actividade en Bruxelas

Do 22 ao 28 de xaneiro, 24 alumnos de 3º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer de preto dúas institucións comunitarias en Bruxelas (Parlamento e Consello europeo), falar con dúas eurodeputadas, facer obradoiros no Parlamentarium e na Casa da Historia de Europa e visitar a Fundación Galicia-Europa. Ademais, coñeceron o campo de batalla de Waterloo e cidades como Bruxas e Gante.

Máis información  en QPC, A Voz de Galicia, Diario de Bergantiños, O Correo Galego e Radio Nordés (dende o minuto 49.20)

Día da Ilustración

Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data nacemento de Castelao, celebramos o Día da Ilustración.  

Dende a Biblioteca unirémonos a esta conmemoración cun encontro coa ilustradora Xulia Pisón que se celebrará o vindeiro luns, 5 de febreiro.

No encontro, que consistirá nun obradoiro de ilustración, participarán os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO que sexan membros do Club de Lectura, posto que xa leron e coñecen o libro "Microalgas", obra da autora que nos visita.

Xulia Pisón é unha ilustradora e debuxante de cómics coruñesa que ten publicados numerosos libros para público infantil e xuvenil. 

Torneo de xadrez

Xa está convocado o gran torneo de xadrez anual do IES Pedra da Aguia!

Se a túa paixón é este deporte mental e te queres sentir coma un auténtico mestre de xadrez, apúntate XA na ficha de inscrición que está no taboleiro da entrada da Biblio.

Anima as túas amizades e aproveita para facerlle "xaque mate" á rutina e á monotonía. Agardamos por ti!

Distribuir contido


by Dr. Radut