Skip to Content

Encontro co autor Manuel Núñez Singala

 

O vindeiro martes, 18 de abril, manteremos un interesante encontro co escritor Manuel Núñez Singala.

A 3ª hora participará o alumnado dos Clubs de Lectura que leu a obra narrativa "Noite de temporal". A 4ª hora será a quenda para o alumnado de 3º PDC, os cales estiveron lendo e traballando coa obra teatral "O achado do castro".

Trivialízate

Apúntate ao concurso cultural por equipos co que a Biblio conmemorará o Día do Libro. 

Celebrarase nos recreos da semana do 24 ao 28 de abril.

O premio para o equipo gañador será unha fantástica excursión no mes de xuño.

Apúntate no taboleiro da entrada da Biblio e pídenos máis información se a precisas. 

Hora de ler

 

Á volta das vacacións retomaremos a hora de ler o día 18 de abril na primeira sesión.

Non esquezades traer as vosas lecturas favoritas para gozar desta actividade!

Día do Cómic

Este venres día 17 de marzo celebramos na Biblioteca o I Día do Cómic.

Para conmemorar esta data haberá unha exposición de exemplares e unha pequena mostra das actividades que se levan facendo no Club de Cómic desde novembro.

Ademais, durante o 1º recreo dese día na Biblioteca, o profesor Felipe Bueno realizará un breve taller sobre a adaptación dun texto a cómic. Para asistir ao taller requírese inscrición previa. Se estás interesado/a apúntate na folla do taboleiro da Biblio, as prazas son limitadas!

Esperamos que gocedes moito deste día!

Día de Rosalía

Comprácenos compartir con toda a comunidade educativa o programa de radio realizado polo alumnado do IES Pedra da Aguia con motivo da celebración do Día de Rosalía.

Neste enlace poderedes acceder ao programa completo onde atoparedes moita información sobre a música e a poesía galega e tamén poderedes escoitar as marabillosas actuacións musicais do noso alumnado.

Trátase dun gran traballo co que este ano quixemos conmemorar o aniversario da nosa cantora eterna.

Parabéns a todos os participantes e feliz Día de Rosalía!

Torneo de xadrez

Durante o mes de marzo levarase a cabo un torneo de xadrez organizado polo club de xadrez, grazas ao seu coordinador Aitor Costa de 4º ESO e á gran axuda do profesor Felipe Bueno.

Toda a información sobre as quendas das partidas está colgada no taboleiro da entrada da Biblioteca.

Podedes ver algunhas imaxes dos primeiros encontros no blog da Biblio.

Desexamos que os participantes gocen do xogo e que non lles fagan "xaque mate".

Para máis información, pasa pola Biblio.

Distribuir contido


by Dr. Radut