Achégase a quincena da poesía cantada no Instituto e queremos anunciarvos a celebración dun obradoiro de Hip-Hop e outro de Regueifa.
O obradorio de Hip-Hop celebrarase o día 28 de febreiro para os cursos de 3º e 4º da ESO. Prégase que os interesados en participar se poñan en contacto con Federico, profe de Música, ou con Carme, profe de Galego.
O 1 de marzo será a quenda para que o alumnado de 1º e de 2º da ESO participen nun obradoiro de Regueifa.
Na semana seguinte organizaremos un concurso de rimas cantadas nos tempos de lecer dos días 8, 9 e 10 de marzo. Na primeira pausa realizarase a competición de regueifa e na segunda, a de freestyle. Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto.
Gozade coa poesía e coa música na quincena de rimas cantadas!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CONCURSO10_A_FIO_Bases.pdf | 80.77 KB |