Skip to Content

Educación física

3x3 Baloncesto escolar

Alumnado de 1º e 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou nun torneo escolar 3X3 de Baloncesto

 

 A actividade foi organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Lucus no IES Sanxillao o venres 3 de febreiro de 17h a 20h.

  

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.

O alumnado participante nesta ocasión foi: Carlota González, Alba Baltar, Ania Vázquez, Carmen Caldeiro, Sara Varela, Daniela Campelo e Candela Vilarín; José López Regueiro, Iago José Ferreiro e Hugo Rodríguez; David Fernández, Miguel Zambrano e Mauro Rodriguez.

Valores e Deporte

O Xoves día 22 de decembro de 10.15h a 11.30h houbo unha xornada interdisciplinar de Deporte e Valores no salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta: Vida Saudable e Deportiva, coordinado por Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e na cal colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Educación Plástica, Inglés, Francés, Portugués, Alemán, Galego, Castelán, Música.

  

Á devandita xornada acudiron deportistas de alto rendemento tales como: Branca Millán do C.B.Ensino, Mame Deouf e Luca Biliato do club de voleibol Arenal Emevé, Nicolás Fraga do club de tiro olímpico San Froilán, Andrés Pereiro do club de tenis As Termas, Gonzalo González do club de tenis D10, Wilker Faña do Boxing club Cidade de Lugo, Sara Alvarez Folgueira, do Judo Lugo, Roberto Fernández do CD Lugo, Adrián Rodriguez Mosteirin ‘Pirata’ do Noia Portus Apostoli, José Cuba do Club de loita de Vilalba, Xela Martinez de Escola Atlética Lucense, Xoel Teijeiro do Club Fluvial de Lugo e Pablo López do Xaquedrum de Lugo.

 

Ademais outros deportistas quixeron estar presentes nesta xornada enviando vídeos animando ao alumnado a que practiquen deporte e explicándolles os valores que adquirirán para a súa vida grazas ao deporte: a piragüista lucense Tania Fernández, a maratoniana olímpica lucense Alessandra Aguilar, o club de fútbol sala Pescados Rubén de Burela con dous das súas xogadoras:Dany e Irene Samper, o Pontés olimpico de tiro con arco Miguel Alvariño e a atleta paralímpica Adiaratou Iglesias.

 

  

 

Saída a un Centro Deportivo

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou no día de hoxe o Centro Deportivo D10 en Outeiro de Rei.

Alí fixeron unha sesión de iniciación ao Padel, iniciación ao Tenis e un circuito de entrenamiento trx

Para finalizar a visita fixeron actividades na piscina climatizada do centro.

Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física dentro do Plan Proxecta: Vida Saudable e Deportiva

Piale Ottawa 2019

O profesor de educación física do centro, Ricardo, ven de participar no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Consellería de Educación, no marco do cal fixo unha estadía de catro semanas en Ottawa visitando un centro educativo e en réxime de acollida en familia.

Na web elaborado polo docente pódese atopar mais información sobre o programa.

Distribuir contido


by Dr. Radut