Skip to Content

Educación física

Os nosos campións

Na conta oficial do Departamento de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para o Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva podes seguir aos nosos Campións

Síguenos en https://www.instagram.com/pvsdefiesnsollosgrandes/

e en noeefiesollosgrandes.blogspot.com

Campionato de España infantil de voleibol

Alumnado de 2 ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acompañado polo profesorado do Departamento de Educación Física, foron camiñando ao pavillón: “Casa do Deporte” en Lugo, para poder disfrutar do Campionato de España de Voleibol Infantil. 

No equipo EMEVE de Lugo xoga unha alumna de 2 ESO  do noso centro, Emma Lorenzana, a cal o alumnado quixo acompañar para animala.

Foi un dái no que o alumnado aprendeu moito de voleibol e doutros temas como valores no deporte: equipo, compañerismo, traballo, esforzo…

Campionato Galego de Orientación Escolar a pé

Hoxe, 06 de maio de 2023, celebrouse en Ourense o “Campionato Galego de Orientación Escolar a pé”. O equipo infantil feminino do IES que se clasificara no “Campionato Provincial Escolar” en segunda posición, neste “Campionato Galego Escolar” quedou nunha meritoria cuarta posición de un total de 12 centros escolares.

As integrantes do equipo foron: Sara Salgado Pollán. Julia Saqués Feijoo. Moraima Ferreiro García. Candela Vilarín Salvador. Alejandra Castedo Medina. Ania Vázquez Pastor.

Parabéns a todas as participantes!!! Grazas polo voso impecable comportamento e a vosa gran actuación.

Campeonato interescolar 3x3 Baloncesto

Hoxe, tivo lugar no pavillón do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes o Campeonato Interescolar de Baloncesto 3x3 para 3º e 4º ESO.

Os centros que participaron foron: CPI Guntín, IES Lucus Augusti, Colexio Fingoy, Colexio Franciscanos e IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Foi unha xornada enmarcada dentro do Proxecta de centro: “Proxecto Vida Saudable e Deportiva” no apartado XOGADE.

A actividade foi coordinada polo Departamento de Educación Física: Maria Aguiar, Natalia Castro e Noemí Fdez.

Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a Pé

O día 23 de marzo, alumnado de 1º, 2º e 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou no "Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a Pé" no Campus Universitario de Lugo acompañados polos seus profesores/as: Lucía de Galego, Xosé de Portugüés, María e Noemí de Educación Física.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro coordinado polo Departamento de Educación Física.

 

Todos/as eles/elas tiveron unha brillante actuación, destacando os terceiros postos acadados polas irmás Lía ( 2ºESO) e Noa (4ºESO)

 

Saída ao Urban Planet

O día 15 de marzo o alumnado de 4ºESO  saiu acompañado dos seus profesores: Daniel Rouco, Tania Fernández, Lucía Teijeiro, Natalia Castro, María Aguiar e Noemí Fernández ao Urban Planet de Oleiros (A Coruña).

Alí probaron e perfeccionaron: airbag, barredera, climb wall, dodge ball, foam pit, free jump, kids jump, ninja planet, pro jam, slam basket, street jump…

 

 

 

Coñecendo a loita

Hoxe contamos no centro coa presencia de Pablo Pintos do Club Loita Lugo, o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de coñecemento dun deporte distinto para eles.

 

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: PVSD dentro do apartado: "Coñece o meu club" e organizada polo Departamento de Educación Física.

 

Coñecendo o boxeo

Hoxe, día 27 de febreiro, o Boxing Club Cidade de Lugo veu ao noso centro a dar a coñecer un deporte diferente, o Boxeo.

O alumnado de 2º ESO, acompañados da súa profesora de Educación Física María Aguiar e a alumna do centro Noor Pérez de 1º BAC  (practicante deste deporte), disfrutou desta magnifica xornada de iniciación a este deporte. 

Estiveron presentes os boxeadores: Jose Luis Álvarez, Wilker Faña, Mario Romero (ex alumno do centro) e Carlos Jacson.

Visita ao centro deportivo BeOne

Os días 14 e 15 de febreiro o alumnado de bacharelato A, B e C, acompañados pola súa profesora de Educación Física, Noemí Fernández Pedraza, foi ao Centro Deportivo Be One.

Alí, na sala de fitness, aprenderon o manexo das distintas máquinas de musculación e fixeron unha coreografía de Boxing e Body Balance (estiramentos e Ioga).

 

Andorra 2023

Do 06 ao 11 de febreiro alumnado de 1º de bacharelato e 4º ESO, disfrutan dunha magnifica semana deportivo-cultural para o aprendizaxe e o perfeccionamento do esquí no dominio esquiable de GrandValira: Soldeu-Tarter (Andorra)

Están acompañados polas profesoras de Educación Física: María Aguiar e Noemí Fernández.

Distribuir contido


by Dr. Radut