Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 2021

Convocatoria eleccións para renovación parcial Consello Escolar 2021

Publícanse as convocatorias para a renovación parcial do Consello Escolar dos diferentes colectivos que o compoñen:

  • Alumnado.
  • Profesorado.
  • Nais/Pais ou titores/as legais.
  • Persoal de Administración e Servizos.

Publícase tamén os documentos para a presentación de candidaturas, para a súa complimentación polas persoas interesadas e a súa entrega na Secretaría do centro.

Calendario eleccións Consello Escolar 2021

Achegamos calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.

Animádevos a participar!!

Anuncio constitución da mesa electoral

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 29/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O Director doCentro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un alumno ou alumna.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores, día 3, ás 12'00 horas, no despacho de dirección do centro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Lugo, a 1 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO,

Inicio proceso electoral para renovación parcial do Consello Escolar 2021

Ao longo do mes de novembro desenvolverase no centro o proceso electoral de renovación parcial do Consello Escolar, segundo calendario fixado na resolución de 20 de setembro de 2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut