Skip to Content

2015-2017 Working in Europe - Skills for success

Selo de Calidade Europeo para o proxecto Working in Europe - Skills for Success

Selo de Calidade Europeo

O proxecto Erasmus+ "Working in Europe - Skills for Success" acaba de recibir, na súa versión en eTwinning, o selo de calidade europeo. Este recoñecemento concédese aos proxectos que obtiveron o selo de calidade nacional en mais dous ou mais socios do mesmo.

Neste enlace  podedes visitar o Twinspace do proxecto e ter aceso ás diversas actividades realizadas polo alumnado ao longo da vida do mesmo.

Viaxe a Ahaus (Alemaña)

26/03/2017
01/04/2017
Europe/Madrid

Viaxe á localidade alemana de Ahaus, dentro do proxecto Erasmus+ “Working in Europe - Skills for Success”.

Ver mais imaxes na Galería do centro.

Presentación proxecto Erasmus+ "Working in Europe - Skills for Success"

Co gallo dunha nova mobilidade o vindeiro mes de marzo á localidade alemana de Ahaus, preséntase ao alumnado destinatario un resumo do proxecto a desenvolver.

 

 

Traballar en Europa - Destrezas para triunfar

No noso proxecto sobre o lugar de traballo en Europa, queremos analizar a evolución dos lugares de traballo, procedendo a partir dos exemplos dos seis países participantes, descubrindo xuntos o que fai ás empresas ter éxito e aumentar as posibilidades de que os nosos alumnos teñan éxito na súa incorporacion ao mercado laboral, tanto dentro como fora da UE, identificando e poñendo en práctica as habilidades necesarias.

En detalle, queremos analizar:

  • Os desenvolvementos no mundo do traballo tras a Segunda Guerra Mundial, como consecuencia dos avances tecnolóxicos
  • Os cambios estruturais e os retos e oportunidades asociados en cada país participante

E en especial:

  • As tendencias na evolución do traballo en Europa
  • Empresas de éxito e razóns para a súa sustentabilidade
  • As habilidades que son necesarias para competir con éxito no mundo empresarial

Os centros participantes son:

 Etwinning do proxecto

Distribuir contido


by Dr. Radut