Skip to Content

8M Día da muller traballadora

 

 

O día 8M, 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Esta data foi institucionalizada pola ONU en 1975 co fin de reivindicar a loita das mulleres pola igualdade de oportunidades.

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes súmase a esta reivindicación con distintos actos.

 Celia Mariño, Silvia López, Sabela Leirado e Yago  Atadell, de 2º de bacharelato puxeron voz a un dos actos que se celebraron o día 8 de marzo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Leron tres cartas escollidas da obra literaria Cartas de Amor de Fran Alonso. Quixeron recoller, con tres historias de ficción femininas, que ben poderían ser reais, tres crueis exemplos de violación de dereitos fundamentais e de privación da igualdade de oportunidades, só polo feito de seren mulleres.

Celia contounos a historia dunha rapaza saharaui, que retorna ao campamento de Tinduf; Silvia a dunha muller inmigrante, que a punto de parir decide emprender unha viaxe, acompañada sempre do medo a ser deportada; e Sabela falounos dunha nena de nove anos que conta o día en veu visitala “a maldición...”

 Para rematar o acto, Yago recitou o coñecido poema Libre te quiero, coma desexo final de que unha forza imparable de homes e mulleres nos empurre cara a igualdade de xénero.

Por outra banda dende a Biblioteca tamén se elaborou un vídeo con alumnas do centro en diferentes idiomas reivindicando que o futuro é feminino.

 

 

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut