Skip to Content

Retorno á actividade lectiva presencial

Segundo Resolución do 22.05.2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial, a partir do luns 25 de maio retómanse as clases presenciais, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º bacharelato. Pendentes da publicación do protocolo establecido pola Consellería, establécense as seguintes pautas:

Estas clases teñen como obxectivo servir de apoio a aquel alumnado que teña dificultade para acadar os obxectivos do curso ca actual metodoloxía telemática, terán carácter voluntario e darase prioridade ás materias obxecto das probas da ABAU.

O aforo das sesións lectivas, a efectos de manter as medidas de seguridade, limitarase a aproximadamente 10 alumnos por sesión lectiva, dependendo das aulas. O profesorado poñerase en contacto co seu alumnado para organizar as quendas de asistencia entre os interesados que o poidan necesitar.

Requisitos de acceso ó centro:

  • Debe realizarse unha hixiene cotiá e minuciosa de mans, durante polo menos 40 segundos con xabón e auga ou, no seu defecto, con xel hidro alcohólico.
  • Entrar de un en un, mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Portar máscara (Haberá máscaras a disposición do alumnado á entrada do edificio).
  • Circular polos pasillos sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Acceso ás plantas superiores:
    • Subida pola escaleira Central (a carón do ascensor) 
    • Baixada polas escaleiras Sur (ó lado do CEIP Anexa) e escaleira Norte (a carón do IES Lucus Augusti).

Dentro da aula

  • Entrada e saída das aulas: de un en un e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • A hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula, a estes efectos na porta de entrada de cada unha das aulas existira un dispensador de solución hidro alcohólica
  • En cada aula existirá unha dotación de panos desbotables e de solución desinfectante para proceder polo alumnado a desinfección do seu pupitre e cadeira , e resto de material empregado (ordenador, rato, teclado, monitor, etc.) con independencia dos traballos efectuados con carácter previo polo persoal de limpeza.
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros.

Dadas as circunstancias que estamos a vivir, é especialmente importante manter en todo momento un comportamento cívico e responsable.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut