Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto para o curso 2020-21

Ven de publicarse a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20 de maio de 2020) e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Mais información en www.edu.xunta.es

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut