Skip to Content

Horario de apertura e recomendacións de seguridade

Con motivo do restablecemento do proceso de escolarización para o curso 2020/2021, dende o luns 11 de maio de 2020, as instalacións do centro permanecerán abertas para a recollida de documentación relativa ó mesmo, en horario de 09:00 a 14:00.

A fin de garantir a seguridade de público e o persoal, prégase seguir as seguintes recomendacións no acceso ás instalacións.

  • Acudir co material de protección necesario (recomendable máscara)
  • Esperar quenda de entrada na porta respectando a distancia de seguridade (2 metros)
  • Cando se lle dea entrada, desinfectar mans e pes no recibidor do centro co material á súa disposición.
  • Respectar en todo momento as distancias de seguridade.
  • Adoptar as necesarias medidas de prevención persoal 
  • Ó saír do centro desinfectar tamén as mans co xel desinfectante á súa disposición
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut