Skip to Content

Axudas STEMweek

Vense de publicar no DOG (12.06.2018) a Orde do 23 de maio de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek.

Trátase dunha axuda para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2017/18.

 

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

Mais información na web da Consellería.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 12 de xullo.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut