Skip to Content

Visita do CPI de Sadurniño de Ferrol.

Alumnado de 2º de ESO da materia de Relixiòn, que participa no Proxecto Redeiras, acolleu hoxe a compañeiros do CPI de Sadurniño de Ferrol.

Despois de darlles a benvida na entrada, os nosos alumnos fixeron unha presentación de Lugo e guiáronos pola cidade visitando a catedral e dando un paseo pola muralla, explicando diferentes edificios e lugares destacados.

Gozaron dunha xornada de confraternización despois de traballar xuntos durante o curso diferentes temas.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut