Alumnado de 2º ESO participou online na presentación da canle Twitch, plataforma de vídeos en directo, cunha primeira sesión de #DígochoEu en streaming.
A sesión, na que participaron o seu director Carlos Amado, a xornalista Esther Estévez e a lingüista Rocío Pérez estivo protagonizada pola intervención en directo dos nosos alumnos, que fixeron unha morea de preguntas.
Primeira sesión da formación programada sobre emprendemento e STEM, dentro do proxecto europeo TEMP-PHERECLOS, no que participa o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xunto cas universidades de Santiago de Compostela e Oporto, ademais doutros centros de Galicia.
O grupo 2º ESO B resultou gañador da 2ª edición do Concurso Aulas Sostibles, Aulas Limpas dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes polo seu traballo sostido ao longo de todo o curso por mantener un entorno de traballo coidado e agradable.
Representación "Etiquetas" / Programa Aulas I + I do Plan Proxecta 2018, alumnado dos IES Lucus Augusti e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Trala representación da obra "Etiquetas" os protagonistas organizaron unha charla informativa explicando o desenvolvemento do proxecto e respostando as preguntas do público. Unha idea que xurdiu por iniciativa do alumnado e que contribúe a consolidar o manifesto fronte a igualdade e a inclusión nos centros de ensino. Un remate dialóxico para un proxecto inesquecible. Moitísimas grazas a tod@s.