Skip to Content

3º trimestre

Redes sociais

Alumnas de 3º ESO expuxeron un traballo sobre o uso e abuso das redes sociais.

A esta charla asistiu o alumnado de 1º ESO. Tratouse de concienciar sobre os perigos do uso das redes sociales 

Charla Xuventude

Alumnado de ESO con Mauricio Repetto (Concelleiro de Xuventude e Deportes) e Iago Atadel (exalumno do centro) de charla sobre as preocupacións da xuventude.

Día de lecer

Alumnado de 1º ESO disfrutou dunha mañá de lecer facendo un percorrido pola cidade ata o Club Fluvial.

  

 

 

Enredando co galego

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade Enredando co Galego.

Enredando co Galego: actividade organizada pola Asociación de escritores en lingua galega e financiada polo Concello de Lugo. Os estudantes falaron 21 días en galego e produciron vídeos artísticos e textos literarios. Hoxe foi a festa final con entrega de premios e música de Sés. Charlize Ambicho e Sofía Paz foron recoñecidas por unha poesía cada unha. Houbo sorteo de agasallos e unha batería portátil de móbil para todos os asistentes

 

Debate

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e  do Colexio Maristas de Lugo participaron nun debate sobre a Unión Europea e a obligación de dar respostas ante situacións que vulneren os Dereitos Humáns.

  

Tratouse dun debate preparatorio para participar na competición Parlamento Xove organizada pola Xunta de Galicia

 
 

Visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz e ruta en catamarán polo Rio Miño dende Belesar

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Pazo de Arxeriz e disfrutou dunha ruta en catamarán polo Rio Miño dende o pobo de Belesar.

Trátase dunha actividade guiada que combina natureza e historia Esta ruta en catamarán recorre o río Miño desde o pobo de Belesar, navegando sobre aldeas sumerxidas trala construción do encoro dos Peares e bordeando o impresionante meandro que forma o “Cabo do Mundo”, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra.

 

Intercambio con Leipzig

Esta semana recibimos ao alumnado de Leipzig. Alemania. Herzlich willkommen!

Visitamos a cidade de Santiago de Compostela

Foron recibidos no Concello pola Alcaldesa Lara Méndez

 

Con eles visitamos A Coruña,

Fixemos unha etapa do Camiño de Santiago...

A Ruta dos Fornos

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade de senderismo, A Ruta dos Fornos na Pontenova.
 
No recorrido visitaron gran parte dos elementos mais característicos dunha explotación  mineira de ferro de comenzos do século XX
E para terminar...  Tirolina

Xogos tradicionais

Nesta semana recibimos a visita de Gabriel Arias, Titulado Superior en Animación Sociocultural e estudande do Grao en Educación Social. O alumnado de segundo de ESO puido aprender e desfrutar xogando.
Grazas Gabriel!
 
 
 

Xogo tradicional

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade levada a cabo no centro sobre xogos tradicionais

Foi unha xornada divertida na que se fixeron varios xogos tradicionais

Distribuir contido


by Dr. Radut