Os alumnos de CULCI (Cultura Científica) visitaron Sober o día 8 de Novembro.
Na viaxe descubriron estruturas como o hórreo máis grande da península, aprenderon como se reutilizan elementos como un palomar, un columbario ou un tríscele.
A tarde terminou cunha visita aos petroglifos, de motivos xeométricos, atopados na zona.
Estiveron acompañados pola profesora do centro Pilar Fdez Illán.