Skip to Content

3º trimestre

Proxección curtametraxe "Vida"

10/05/2018
Europe/Madrid

O IES Lucus Augusti e mais o IES IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desenvolven durante o presente ano académico o proxecto “Aulas I+I” orientado á promoción da inclusividade e a igualdade. Entre as actividades que desenvolveremos dirixidas á sensibilización da comunidade educativa atópase a proxección da curtametraxe “Vida” dirixida por Rubén Riós, que estará presente no acto, e o “making of” “Máis ca vida” que inclúe o proceso de elaboración do filme.

•Proxección da curtametraxe “Vida” e sesión de cineforum co director e protagonistas.

• Dirixida ao profesorado e familias

•Lugar: salón de actos IES Lucus Augusti

•Data: xoves 10 de maio 

•Hora: 17:00 h

 

Rutas literarias no Museo Provincial

17/04/2018
Europe/Madrid

Un novo grupo da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participa nas rutas literarias do Museo Provincial.

Viaxe de estudios a Porto (Portugal)

25/04/2018
29/04/2018
Europe/Madrid

Alumnado do centro participa nunha viaxe de estudios á vila de Porto (Portugal).

Mais imaxes na Galería  do centro.

Rafting no Ulla do alumnado do Ciclo TAFD

17/04/2018
Europe/Madrid

O alumnado de 1º do ciclo Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, desplázase ao río Ulla para participar nunha actividade de iniciación ao rafting.

Iniciación á escalada

04/04/2018
Europe/Madrid

O alumnado do ciclo participa na actividade de iniciación á escalada.

Mais imaxes na Galería  do centro.

Intercambio con Alemaña: Lugo 2018

12/04/2018
19/04/2018
Europe/Madrid

Os alumnos do Evangelischez Schultzemtrun, de Leipzig, visitan Lugo na segunda parte do intercambio con Alemaña 2018.

Os alumnos alemáns son hospedados en familias dos seus homólogos galegos.

Ver mais imaxes na Galería  do centro.

Entrega premios ás gañadoras do I Concurso de Curtas "Igualdade de Xénero"

05/04/2018
Europe/Madrid

Parabéns ás gañadoras do I Concurso de curtas sobre Igualdade de Xénero do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Aquí podedes ver os vídeos galardoados.

 

Muller esperta

Cordas

Premios Concurso Hora de Ler e mellores usuarios e recoñecemento ao alumnado voluntario de Biblioteca

22/06/2017
Europe/Madrid

Entrega dos Diplomas do Concurso de Hora de Ler promocionado dende a Biblioteca, resultando gañadora a aula de 1ºC ao Mellor Caderno de Lecturas e 1ºD á Mellor Biblioteca de Aula.

Igualmente, recoñecemento aos Mellores Usuarios da Biblioteca: David, Jordania e Xiana.

Entrega tamén do recoñocemento ao alumno voluntario, que adicou un mínimo de 15 horas a traballo de colaboración na biblioteca.

A todos eles, PARABÉNS!!

Mais imaxes na Galería do centro.

Premios I Concurso Aulas Sostibles

21/06/2017
Europe/Madrid

Entregáronse na biblioteca do centro os premios do I Concurso Aulas Sostibles, á aula mellor mantida durante todo o curso, resultando gañador 1º ESO D.

Parabéns campeonas e campeóns!

Mais imaxes na Galería do centro.

Recreos musicais

16/06/2017
Europe/Madrid

Os alumnos da materia de música presentan os seus traballos nos recreos destos últimos días de curso.

Mais imaxes na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut