Skip to Content

Taboleiro

8M Día da muller traballadora

 

 

O día 8M, 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Esta data foi institucionalizada pola ONU en 1975 co fin de reivindicar a loita das mulleres pola igualdade de oportunidades.

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes súmase a esta reivindicación con distintos actos.

 Celia Mariño, Silvia López, Sabela Leirado e Yago  Atadell, de 2º de bacharelato puxeron voz a un dos actos que se celebraron o día 8 de marzo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Leron tres cartas escollidas da obra literaria Cartas de Amor de Fran Alonso. Quixeron recoller, con tres historias de ficción femininas, que ben poderían ser reais, tres crueis exemplos de violación de dereitos fundamentais e de privación da igualdade de oportunidades, só polo feito de seren mulleres.

Celia contounos a historia dunha rapaza saharaui, que retorna ao campamento de Tinduf; Silvia a dunha muller inmigrante, que a punto de parir decide emprender unha viaxe, acompañada sempre do medo a ser deportada; e Sabela falounos dunha nena de nove anos que conta o día en veu visitala “a maldición...”

 Para rematar o acto, Yago recitou o coñecido poema Libre te quiero, coma desexo final de que unha forza imparable de homes e mulleres nos empurre cara a igualdade de xénero.

Por outra banda dende a Biblioteca tamén se elaborou un vídeo con alumnas do centro en diferentes idiomas reivindicando que o futuro é feminino.

 

 

 

Poema homenaxe a Rosalía de Castro

Alumnado e profesorado do Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes  rinde homenaxe a Rosalía de Castro
 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Rosalía sempre viva en nós!

Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 3ºF acudiu ao parque do mesmo nome e, diante do busto da escritora, realizou unha lectura de poemas e unha ofrenda floral.

 

Poemas como “Nasín cando as prantas nasen”, “Negra sombra”, “Unha vez tiven un cravo”, “Campanas de Bastabales”, “Adiós ríos, adiós fontes”

 

e para rematar o poema que Federico García Lorca dedicou á nosa poetisa:                 

                        “Canzón de cuna  para Rosalía de Castro, morta”

¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!

Os arados van e ven dende Santiago a Belén,

Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco.

Un barco de prata fina que trae a dor de Galicia.

Galicia deitada e queda transida de tristes herbas.

Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos.

Cabelos que van a ô mar onde as nubes teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!

 

 

 

CERTAME "AS IMAXES DO PATRIMONIO"

 

Alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibiron os premios do concurso As Imaxes do Patrimonio. da man da profesora responsable do certame, Mar Neira, e do director Francisco Nuñez

   

Recibe o 1º Premio a autora de A sega no Buriz Paula Jove Moreda 1ºESO A

  

Recibe o 2º Premio o autor de O meu querido avó Iker Fouz Novas 2º ESO A

  

Recibe o 3º Premio a autora de Palleiro Sofía Abraldes 4º ESO A

Parabéns aos premiados!!!

 

Dentro do programa Erasmus + “Let´s Bring Together for heritage” (BET), vimos de convocar un certame de imaxes sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial, definido pola Unesco como «polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, os rituais, os actos festivos, os coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculadas á artesanía tradicional». Atopamos na fotografía un valioso material documental, Son moitas as imaxes que se tomaron das expresións culturais esparexidas ao longo de Europa.

 

Con esta iniciativa preténdese recuperar e difundir fotografías antigas con valor patrimonial o mesmo tempo que facemos una comparativa do patrimonio imnaterial cos nosos socios europeos.

Charlas Iniciativa 11F

En setembro de 2016, un grupo de persoas do campo científico, de xeito totalmente voluntario e sen ánimo de lucro, lanzaron a Iniciativa 11 de febreiro. Coa ela queren encher as axendas de actividades que conmemoran o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das mulleres científicas, creen roles femininos nos campos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no campo científico-tecnolóxico.

 

Dentro deste marco o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes concertou as charlas Como sobreviven mis neuronas viviendo de la ciencia impartida por Iria Gonzalez-Dopeso Reyes investigadora do CENTRE NATIONALS DE LA RECHERCHE FRANCAISE CNRS, a charla A muller nas telecomunicacións: pasado e presente  impartida por Rebeca P. Díaz Redondo da  UNIVERSIDADE DE VIGO e a charla Qué poden facer os números por ti? a cargo de Isabel Neira profesora da USC.

 

Conferencia “A muller nas telecomunicacións: pasado e presente”
 
Estudantes de TIC I, do curso 1ºBAC, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiron este mércores 10 de febreiro de 2021 a conferencia “A muller nas telecomunicacións: pasado e presente”,  A conferencia foi impartida por Rebeca P. Díaz Redondo, Doctora Enxeñeira de Telecomunicacións e profesora titular do Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo, a través de videoconferencia no salón de actos do centro, cumplindo tódalas medidas covid.
 
Nesta conferencia puidemos facer un pequeno percorrido polas vidas das mulleres adicadas á ciencia e a investigación, dende aquelas que foron ignoradas, as que tardaron en obter o se
u recoñecemento, e ata hoxe en día, onde a presenza é maior pero aínda segue sendo mínima.

            


Tamén tivemos a oportunidade de escoitar a varias investigadoras, falando da súa dedicación e os seus proxectos actuais.
E fomos coñecedores da iniciativa #NoMoreMatildas que promove devolver a tódalas científicas ignoradas ó lugar que lles corresponde, comezando polos libros de texto, para que tódalas nenas que queiran adicarse á ciencia teñan modelos de referencia e poidan acadar o que se propoñan, xa que o talento non ten xénero.

 

Conferencia “Como sobreviven mis neuronas viviendo de la ciencia”

 
Iria Gonzalez-Dopeso Reyes, estudiou no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, e na facultade de bioloxía da USC. Graduouse no 2000 e doctorouse en Histologia  Siempre tivo claro que quería ser investigadora e nestos momentos traballa no Instituto de Genética Molecular de Montpellier, IGMM, pertencente ao CNRS, que é equivalente ao CSIC español.
 

Nesta conferencia Iria disertou sobre o cerebro, un órgano complexo que ten a función de recibir as sinais do exterior, interpretar que está pasando ao noso arredor e enviar as sinais necesarias a diferentes partes de noso corpo ou aos órganos para reaccionar. Así parece simple, pero para poder facer esto ten que ser moi plástico, adaptarse moi rápido, aprender e ter memoria, pero tamén necesita olvidar.

      

Para poder levar a cabo esta importante función o cerebro ten diferentes tipos de células: por un lado están as neuronas que se encargan de recibir e de transmitir a información nerviosa, e por outro lado están as células de soporte e de defensa.

As neuronas, no son todas iguales, no cerebro existen diferentes tipos de neuronas, e o seu traballo principalmente consiste en facer mapas de tipos de neuronas, para elo utiliza o feito de que diferentes tipos de neuronas expresan diferentes proteínas. Así, que básicamente fai mapas do cerebro para poder entender como funciona e como se conectan os diferentes tipos de neuronas e o que está pasando nun cerebro enfermo.

 

 Conferencia “Qué poden facer os números por ti?"

Alumnos  de 4º ESO asistiron á Conferencia Qué poden facer os números por tí,  enfocada en referentes científicas que aportaron valor en áreas de estatística e as novas tendencias de Data Science. Esta conferencia foi impartida por  Isabel Neira, profesora de Economía da USC, experta en Economía dO comportamento e emprendemento.

 

  

 

Presentación dos proxectos STEMbach

Estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes presentaron este martes 9 de febreiro os seus proxectos de investigación dentro do programa educativo STEMbach.

 

 

 Na foto, de esquerda a dereita, os alumnos Aurora, Nuria, Marta, Álex, Carmen, Carlos, Marta R. e Iria, ca profesora coordinadora, Pilar Fernández Illán.

 

Os alumnos participantes nesta convocatoria fixeron este martes a exposición pública dos  seus  traballos científicos no salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

 

Esta iniciativa, pretende fomentar a vocación do alumnado hacia a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria.

O STEMBach, inclúe o desarrollo dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática, científica e tecnolóxica mediante os elementos e os procedementos da investigación e o método científico, dunha maneira rigurosa, ordenada e crítica.

 

Os proxectos presentados foron "Simulador de ondas sísmicas" (Daniel e Ánder), "Sucesión de Fibonacci na natureza" (Iria e Álex), "Concentración de proteínas nas leites e bebidas vexetais" (Marta C. e Marta R.), "Propagación de variedades galegas de Arnica Montana L. por cultivo in vitro" (Carmen, Carlos e Nuria) e "A PCR como ferramenta para a detección de fraude alimentario" (Aurora).

A día de hoxe, 18 de febreiro, o alumnado STEM recibiu o seu diploma que acredita o bo traballo feito.

Parabéns!!!

   

  

  

  

  

 

Club de Manga

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes vai empezar este venres día 12 de febreiro cun club de manga do que se encargará un grupiño de alumn@s de 2º A.
A  idea é que sexan eles e elas quen o manexe sempre coa presenza e supervisión da profesora encargada da Biblioteca.

 

.
 
Inscríbete. Aforo limitado.

Festa de entroido

“No tempo do Carnaval, ningunha cousa está mal”

O venres 12 de febreiro un zapato de cada cor, unha saia, podemos adornar a cabeza co complemento que nos apeteza...

       

   

 

Campaña de recollida de tapóns solidarios.

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes vai a colaborar coa asociación lucense de enfermos de ril,  Alcer,  na recollida de tapóns de plástico para a campaña que promove, en toda a comunidade, a federación Alcer Galicia, co fin de recadar fondos para a investigación sobre o síndrome de Dent, unha enfermidade rara que causa graves danos nos riles.

Podes colaborar deixando tapóns nunha caixa habilitada para elo no hall de entrada.

Moitas grazas.

Operación tableta de turrón de chocolate

O IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES  vai a colaborar co Banco de alimentos de Lugo recollendo tabletas de turrón de chocolate de marca blanca. (Do 1 ao 21 de decembro)


Desde esta institución coméntannos a idea de facer chegar por Noiteboa a cada unha das familias coas que teñen contacto, unha tableta de turrrón de chocolate de marca blanca. 
 
Por suposto tamén podemos recoller legumes, pasta, arroz, mel, galletas, sal, azúcar, froitos secos… é decir, alimentos non perecedoiros.

Po este motivo, pedimos a colaboración de toda a Comunidade Educativa nesta iniciativa. Temos como reto superar as mil tabletas para chegar así a mil familias.

No hall da entrada principal temos dúas caixas, unha para depositar o turrón e outra para os demáis alimentos.

Moitas grazas por anticipado.

Distribuir contido


by Dr. Radut