Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e do Colexio Maristas de Lugo participaron nun debate sobre a Unión Europea e a obligación de dar respostas ante situacións que vulneren os Dereitos Humáns.
Tratouse dun debate preparatorio para participar na competición Parlamento Xove organizada pola Xunta de Galicia
Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Pazo de Arxeriz e disfrutou dunha ruta en catamarán polo Rio Miño dende o pobo de Belesar.
Trátase dunha actividade guiada que combina natureza e historia Esta ruta en catamarán recorre o río Miño desde o pobo de Belesar, navegando sobre aldeas sumerxidas trala construción do encoro dos Peares e bordeando o impresionante meandro que forma o “Cabo do Mundo”, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra.
Nesta semana recibimos a visita de Gabriel Arias, Titulado Superior en Animación Sociocultural e estudande do Grao en Educación Social. O alumnado de segundo de ESO puido aprender e desfrutar xogando.