Skip to Content

Taboleiro

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2017/18

O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

 

Nos seguintes artigos de dita orde establécese que:

 

Artigo 4. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018 (Prazo de presentación de solicitudes: 02/05/2018 - 01/06/2018)

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.

As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10.

[...]

3. A celebración da proba terá lugar o día 22 de xuño de 2018 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria https://www.edu.xunta.gal

[...]

(A citada resolución publicouse no DOG do 30 de abril de 2018)

 

Teatro dentro do Proxecta Aulas I + I: Aulas Inclusivas e Igualitarias

 

 

Aulas I + I é un programa do Plan Proxecta para traballar a Inclusividade e a Igualdade no ámbito do ensino. No presente ano académico 2017/18 o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xunto ao IES Lucus Augusti estamos a desenvolver actividades conxuntas no eido da inclusión entre as que se atopa o taller de teatro "Respectarte", no que participan alumnas e alumnos dos dous centros. coa finalidade de crear un producto que permeta sensibilizar á comunidade educativa respecto á promoción da atención ás persoas con diversidade funcional. 

Colabora: Maisqueteatro e Fundación Tadega

Visita de profesores italianos no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Duas profesoras e un profesor italianos, do centro Istituto Comprensivo Luigi Vanvitelli, de Caserta, están estos días de visita no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O obxectivo da visita e coñecer de primeira man o sistema educativo galego. Para iso visitarán as clases como observadores e entrevistaranse con profesores e membros do equipo directivo do centro. Tamén está prevista a visita a lugares de interés cultural e educativo na localidade e arredores.

Entrega premios extraordinarios bacharelato curso 2016-2017

O ex-alumno do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Carlos Rodríguez, recibe o galardon de premio extraordinario de bacharelato correspondente ao curso académico 2016-2017.

Parabéns Carlos!!

Probas de acceso aos ciclos formativos de Grado Medio e Grado Superior - Convocatoria 2018

Vense de publicar a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Mais información na web da Consellería.

I Concurso Curtametraxes "Micromachismos"

Con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero, dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes promóvese o I Concurso de Curtos sobre Micromachismos na vida cotiá.

Bases:

1.- Poden participar todos os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. 

2.- A data límite para o envío dos cortos é o xoves 23.11.2017, ás 23:55 horas.

3.- Os traballos, que poderán ser de vídeo ou animación, deberán de ter formato dixital cun tamaño non superior 500Mb.

4.- A duración das curtametraxes non deberá superior a 4 minutos, coas cortinillas iniciais e finais incluidas.

5.- A inscripción e o envío de traballo farase a través da aula virtual do centro, na actividade MICROMACHISMOS, co código de matriculación CURTA1718. O acceso á aula virtual pódese atopar na web do centro: www.iesollosgrandes.org

6.- Os arquivos de video subiranse no apartado correspondente a actividade, incluindo nas notas os datos da autora/autor: nome e apelidos.

7.- No caso de que as curtametraxes teñan sonido falado, poderán ser en calqueira lingua. De non ser en galego, deberán incluir subtítulos nesta lingua.

8.- Admitirase un máximo dunha curtametraxe por participante. Os trabaxos deberán ser orixinais e poñer de manifesto un micromachismo habitual na vida cotiá, especialmente entre a xente nova. O concurso resérvase o dereito a non admitir aquelas curtametraxes que non cumplan cos requisitos ou non se axusten aos criterios establecidos.

9.- Enténdese que a persoa que figure na conta de subida do arquivo ou, no seu defecto, a que expresamente se indique na nota de entrega, é propietaria dos dereitos de autor, sendo a beneficiaria do premio que se lle puidera outorgar. A organización non asume ningunha responsabilidade derivada do incumprimento dos dereitos de autor na obra presentada.

10.- Todos os traballos admitidos poderanse visualizar no canal de Youtube creado ao efecto e que se enlazará na web do instituto. Enténdese que as persoas autoras das curtas dan a súa autorización para que sexan exhibidos neste medio e que contan coas autorizacións necesarias.

13.- Un xurado composto por profesores e alumnos elixirá a obra gañadora.

14.- O premio consistirá nunha tablet por valor aproximado de 200 € ou un vale de compra nalgún dos establecementos asociados de material relacionado coa actividade cultural e/ou artística.

Lugo, 17 de outubro de 2017

 

Premio extraordinario bacharelato curso 2016-2017

O noso ex-alumno, Carlos, ven de acadar, xunto con outros vinte estudiantes de Galicia o premio extraordinario de bacharelato curso 2016-2017.

Parabéns!

 

 Artigo en El Progreso sobre os premios extraordinarios.

 

Inicio curso 2017-2018

1ª adxudicación de admitidos no CS de Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Vense de publicar na web da Consellería a relación de admitidos en primeira adxudicación no Ciclo Superios de Animación de Actividades Físicas e Deportivas no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Adxuntamos ficheiro cas prazas adxudicadas.

A matrícula deberá efectuarse ata o 24 de xullo, ás 13:00 hh.

Relación provisional admitidos e excluidos axudas libros

Adxúntase relación provisional de admitidos e excluidos das axudas de libros de texto para o curso 2017-2018, ao abeiro da Orde 16 de maio de 2017.

Prazo de reclamación, dous días dende a publicación. Data límite 18/07/2017, ata ás 14:00 horas.

As listas definitivas publicaranse o 16 de setembro, ca indicación dos libros asignados.

Distribuir contido


by Dr. Radut