Skip to Content

Taboleiro

Xornada de portas abertas da Universidade de A Coruña

Os vindeiros días 23 e 24 de Abril a Universidade da Coruña levará a cabo unas xornadas de portas abertas con información sobre as súas titulacións, actividades da vida universitaria, opcións de aloxamento nas súas residencias e otros servizos de interese para o alumnado.

Os visitantes terán a oportunidade de participar en chats en directo para resolver todas as súas dúbidas no acceso e nas características da oferta académica da UDC, así como están previstas actividades participativas como obradoiros e retos.

Pódese acceder a través do seguinte enlace: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ ou a través da app da UDC (tanto para Android como Apple).

Día do Libro 2020

Autoorientación

Nova entrada sobre Autoorientación no blog de Orientación do IES Ollos Grandes.

Tamén inforomación sobre interesantes obradoiros de desenvolvemento persoal no eido da comunicación para o alumnado de 1º e 2º bacharelato.

Á comunidade educativa do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Estimadas familias, compañeiros/as e alumnos/as

Estamos a vivir unhas circunstancias excepcionais que nos obrigan a todos a alterar radicalmente a nosa forma de traballar, estudar e relacionarnos, impoñendo un confinamento non desexado nos nosos fogares polo ben de toda a sociedade. Estamos seguros de que esta situación será temporal, superaremos a crise e sairemos reforzados dela.

Non é doado nestas circunstancias seguir adiante coa actividade lectiva: se ben é certo que os medios tecnolóxicos e os recursos á nosa disposición son cada vez máis amplos e facilitan a comunicación e o desenvolvemento das tarefas, a prioridade agora é a de velar pola saúde física e mental do noso alumnado.

Cónstanos que o profesorado está a traballar moitísimo, algúns en circunstancias persoais e familiares moi complicadas, proporcionando material ás familias para que cada un, na medida das súas posibilidades, se manteña activo e poida desenvolver unha rutina de traballo intelectual nestas longas xornadas no fogar.

Estas tarefas teñen a finalidade primordial de manter a actividade docente e continuar a consolidar e repasar os contidos e destrezas adquiridos durante o curso. Pero tamén a de funcionar como vía de escape e oportunidade para desconectar. O que non se pretende con elas, en ningún caso, é que sexan fonte de abafos ou preocupacións.

O alumnado debe de estar tranquilo e quedar seguro de que ninguén sairá prexudicado. Xa haberá tempo de recuperar os contidos pendentes da mellor maneira posible e sen que iso supoña unha carga de traballo adicional ou discriminatoria, cando se poña fin a esta situación.

Mención aparte necesita o alumnado que está a cursar segundo de bacharelato. Pouco lles podemos dicir nestes momentos mais aló do xa transmitido polo medios de comunicación: adiamento das datas de celebración das probas da ABAU e un maior peso da optatividade, de tal xeito que ninguén se vexa prexudicado por non ter traballado unha parte do temario.

En canto ó tipo de modificacións que se poden dar, transmitirlles unha mensaxe de confianza, coa tranquilidade que da experiencia, en base a como se resolveron noutras ocasións distintas incidencias na realización da probas, onde sempre se buscou eliminar todo prexuízo para o alumnado. Conforme vaiamos tendo mais información lla iremos facendo chegar.

Tanto os docentes como as familias temos o deber de manter a calma e actuar con solidariedade e responsabilidade, proporcionando seguridade e confianza ó alumnado. É o momento de establecer rutinas no fogar, colaborar na realización das tarefas domésticas, compartir actividades; con tempo tamén para a diversión e a comunicación cos compañeiros a través das redes sociais (sempre con sentidiño!!).

O profesorado, velando tamén pola nosa propia saúde física e emocional, con tranquilidade e responsabilidade, temos que tratar de acompañar ó alumnado no seu encerro, mantendo abertas as canles de comunicación e proporcionándolles tarefas que lles axuden a non desconectar da actividade educativa, ofrecéndolles axuda e apoio na súa realización.

Dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes poñémonos á vosa disposición para calquera cousa que poidades necesitar e dende aquí vos desexamos moito ánimo a todos.

Afectuosamente,

O Equipo Directivo do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

 

Avaliación 2º trimestre

Froito do acordo alcanzado pola Conferencia Sectorial de Educación e seguindo as instrucción ao respecto da Consellería de Educación, a avaliación do segundo trimestre efectuarase coa información dispoñible á data de interrupción das clases presenciais, 12 de marzo.

Estas cualificación danse nunhas circunstancias excepcionais que fai que nalgunhas materias non se teña completado o proceso avaliativo, polo que deberá recurrirse a outro tipo de criterios como traballos entregados, aproveitamento en clase, etc. establecido polo departamento.

Lembrámoslles que a avaliación ten carácter contínuo, cumprindo as avaliacións intermedias unha función informativa para as familias.

Así mesmo, indicámoslles que teñen á súa disposición o servizo Abalar Móbil para recibir notificacións no seu dispositivo electrónico as cualificacións e outra información académica relativa ó alumnado.

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

Informaciὀn sobre a atención durante o estado de emerxencia

En cumprimento do real decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis  sanitaria ocasionada polo covid-19, este centro permanecerá pechado ao público ata o fin do período de validez do citado decreto.

O equipo directivo mantén a atención telefónica de 10.00 a 13.00 nos números 982870003 e 679741514 e por correo electrónico na dirección ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es.

Todo trámite administrativo, incluído o proceso de matrícula e escolarización, adíase ata a finalización do estado de emerxencia. Mais información na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

En relación o proceso de escolarización para o curso 2020-2021, lembren que a solicitude de admisión tamén se pode efectuar entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

#quedanacasa

 

Que debes saber do novo coronavirus

Infografía con información sobre como actuar ante o novo coronavirus:

 

Charla para familias sobre alcohol e drogas

O mércores, 13 de novembro de 2019, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro, charla-debate sobre alcohol e outras drogas nos nosos adolescentes "Medidas preventivvas básicas para as familias", a cargo de dna. Lydia Platas, doctora en psicopedagoxía.

Organizada pola ANPA do centro.

Calendario inicio curso 2019-2020

 

Luns, 16 de setembro

11 horas: presentación 1º bacharelato

12 horas: presentación 2º bacharelato

13 horas: presentación ciclos formativos

Martes, 17 de setembro

10 horas: presentación 4º ESO

11 horas: presentación 3º ESO

12 horas: presentación 2º ESO

13 horas: presentación 1º ESO

Mércores, 18 de setembro

08:45 horas: Inicio clases en todos os niveis e comedor escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut