Skip to Content

Lingua galega

Exposición Toponimia Galega Castelanizada

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre toponimia que está exposta no corredor do instituto.

Trátase dun traballo elaborado pola profesora Luisa Diéguez, do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Puga Ramón de A Coruña, e que está a ser exposto en diferentes centros de ensino. Permanecerá no noso por espazo de dúas ou tres semanas.

Visita à exposición El Progreso

O alumnado de 3º ESO visitou a exposición do 115 aniversario de El Progreso e comprobou que García Lorca, autor de seis poemas en galego, visitou a nosa cidade.

 

 

Club de lectura

Alumnado de 4º ESO achegouse ó libro O Conserxe compartindo unha sesión do Club de lectura co seu autor, Xosé Luís Vázquez Somoza.

Visita á Exposición "Centenario de María Casares"

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a Exposicíón Centenario de Mª Casares na Biblioteca Pública de Lugo.

 

Visita á exposición Postais para recordar

Alumnado de 2º e 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou no Arquivo Histórico Provincial de Lugo a exposición Postais para recordar.

  

Na exposición pódense contemplar vistas de monumentos, paisaxes, rúas, etc. de distintas localidades galegas a mediados do século XX

Buscando as frases dos escritores galegos nos pasos de peóns

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO buscou frases relacionadas con escritores galegos nos pasos de peóns do centro de Lugo.

As citas chamaron moito a atención ao noso alumnado

Falemos da escola 2

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na segunda edición da actividade Falemos da escola.

   

Esta actividade, organizada en colaboración con Afundación (obra social de Abanca), celebrouse no Espazo+60, e puxo a mirada nos cambios educativos desde os anos 60

 

Fálame da emigración 2

O alumnado de 2ºA de ESO participou o día 29 de marzo nesta actividade que se realiza en colaboración con Afundación. 

 

Visitamos a sede de Afundación e nove alumnos relataron as vivencias dos seus parentes como emigrantes. A continuación tivemos un debate con persoas maiores que tamén viviron esta experiencia  e analizamos as circunstancias, causas e consecuencias deste fenómeno tan significativo na nosa sociedade.

 

Día de Rosalía

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou nunha actividade de homenaxe a Rosalía de Castro.

Recitáronse poemas da autora e acompañouse da música de contrabaixo dun alumno de 1º de Bacharelato

 

Fálame da emigración

Alumnado de 2º ESO A  do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade "Fálame da emigración" en colaboración con Afundación, obra social de Abanca.

Nesta primeira sesión recibimos a varias persoas da terceira idade que relataron as súas experiencias como emigrantes en diferentes países de Europa e América. Fomos partícipes de vivencias moi duras que compartiron con nós e que nos fixeron reflexionar sobre a emigración galega como feito significativo da nosa historia.

Na segunda parte (que celebraremos máis adiante) serán os nosos alumnos os que relatarán as experiencias de emigrantes das súas familias despois dunha investigación que están realizando.

Distribuir contido


by Dr. Radut