Sabores Do Mundo
Fai algúns anos, o departamento de Orientacións do noso Centro baixo a coordinación de Mª José Solleiro, estaba tentando aportar inciativas de como integrar ó alumnado de outros lugares xeograficos e convertir iso que algúns ven como un problema, a inmigración, nunha vantaxe, nunha diferenza que nos mellorara cultural e persoalmente. Nesa discusións de que podiamos ou non facer, xurdiu a idea de que o alumando levara algo típico do seu lugar de orixe e explicara o resto do alumnado porque e para que se facía. O máis doado e pracenteiro era a comida, e por ahí empezou todo. Dende entón, o alumnado foi vendo a oportunidade de coñecer mellor ó alumnado inmigrante e viceversa e foi vendo a posibilidade de aportar máis información mediante escenografía e dramatizacións, creando decorados espectaculares con materiais de refugallo e low cost total, implicando as familias na elaboración dos pratos e como non, implicando a toda a comunidade escolar na integración total de culturas e roles sociais do Centro. Así, este ano participaran no xurado por 1ª vez, alumnado, representantes da ANPA, do persoal de servizos e profesorado e contaremos tamén por 1ª vez con tres categorías e con tres premios. |
BASES
CATEGORÍAS E PREMIOS
Haberá tres categorías, polo tanto seis premios:
Categoría I: 1º e 2º ESO.
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
Categoría II: 3º e 4º ESO
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
Categoría III: Bacharelato e Ciclos Formativos
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
CRITERIOS
- Implicación do grupo-clase.
- Traballo en equipo.
- Que as receitas estean debidamente contextualizadas( lugar do que son típicas, momento do ano no que é tradicional consumilas, etc)
- Que as receitas estean correctamente explicadas(ingredientes, proceso, presentación do elaborado).
- Creatividade nas presentacións.
- Decoración.
- Valorarase positivamente que os materiais de adorno, pratos e utensilios sexan reutilizables, non só de usar e tirar.
- Escenogafía.
- Dramatización.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
- Favorecer o coñecemento mutuo do grupo clase e a súa cohesión.
- Coñecer costumes e características de diferentes países e culturas.
- Identificar similitudes entre as persoas e os diferentes grupos culturais.
- Favorecer que o alumnado traballe en equipo para preparar a festa e se esforce nun obxectivo común.
O alumnado deberá traer tódolos útiles que considere precisos para cortar servir e manipular os productos elaborados.
Os/as titores/as deberán anotar os grupos que participan dentro de cada grupo-clase e entregalos ao xurado o día antes da celebración do evento.
Igualmente comunicar que o Xurado está composto polos membros do DTO de ORIENTACIÓN e VICEDIRECCIÓN, un membro do persoal auxiliar e un membro da ANPA. Se alguén quere formar parte do xurado e non é titor que o comunique a vicedirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sabores do mundo 2018.png | 184.54 KB |