Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

PDC

PDC

FASE COMARCAL BÁDMINTON INFANTIL OUTES _ 22-23

O pasado Xoves 13/04/23 acudimos a Outes a participar a Fase Comarcal de Bádminton Infantil. Para moitos dos alumnos foi a primeira experiencia nun torneo practicando esta modalidade deportiva , e co ben que o pasaron, ben seguro que repetirán para o vindeiro ano. Unha gran mañá de Deporte e Saúde,  compartindo momentos e espazo cos IES da contorna.  Dende o IES Fontexería queremos agradecer á organización pola súa amabilidade , prediposición e posta en práctica da xornada. 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS 22-23

O pasado 15/02/23 acudimos a Noia para disputar o campionato Intercomarcal de Campo a Través. Colleitamos uns resultados inmellorables, xa que logramos acadar primeiro posto en cadete masculino e cadete feminino , amáis dun meritorio posto en infantil masculino. No eido individual , logramos copar o podio na categoría cadete feminio cun 1º e 3º posto de Eva Formoso e Clara Uhía respectivamente. Na categoría cadete masculina Pablo Lestón acadou o 1º posto e Jesús García ó 2º posto.

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA DE DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS ll

Unha das novidades neste 22-23 foi introducir o Spikeball , deporte de colaboración oposición, con espazo compartido e participación alternativa. Despois dunhas primeiras aproximacións aos fundamentos técnicos e regramento, o alumnado xa comeza a afondar na comprensión do seu eido táctico , con similitudes cos deportes de pala/raqueta e ou rede. 

Proba disto, o gran ambiente que se vive durante os recreos!! GO GO GO 

SPIKEBALL _ REGRAMENTO

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva neste 22-23  foi deseñado polo grupo de traballo cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

CARTEL DE RECREOS ACTIVOS 22-23_ IES FONTEXERÍA

XORNADA LOCAL _ CAMPO A TRAVÉS 22-23 _ NOIA

O pasado 30/11/2022 participamos na Xornada Local de campo a través. Desfrutamos dunha gran xornada onde acadamos moi bos resultados, pero sobretodo pasamolo moi ben. A rapazada comportouse de xeito escelente e amosaron un gran sentimento de equipo , proba disto a chegada a meta na categoría cadete masculino na que Pablo Lestón e Jesús García chegaron da man a meta.

Programa Xogade _ Campionato escolar bádminton cadete 22-23 _ Serra de Outes

O pasado Xoves 1 de Decembro acudimos a Serra de Outes a participar na campionato escolar cadete de bádminton. Desfrutamos dunha gran mañan xogando o bádminton e coñecendo o alumnado doutros centros limítrofes. Agradecer a Secretaria xeral para o Deporte - Xunta de Galicia, a A.D.E As Rías e a A.D Xogando a súa organización e bo facer para que todo saise de forma inmellorable. 

Amosamos unhas imaxes da xornada. Noraboa a todos os participantes!!

 

Excursión ao parque acuático de Cerceda

O 6 de Xuño de 2022, os alumnos de 3º da ESO visitan o parque acuático de Cerceda

Surf

O 20 de Maio de 2022 os alumnos de 2º de bacharelato visitan a praia de area maior para prácticar surf. A escola de surf de Abel Lago Watersports ofreceulle aos alumnos unha iniciación ao surf

Visita a Casa Grande Xanceda e Cidade da Cultura

O 22 de Marzo de 2022 o departamento de economía organiza unha visita a casa grande de xanceda e á cidade da cultura cos alumnos de 2º de bacharelato.

Na visita á granxa, pasearon polas súas instalacións explicáronlle o proceso productivo e a responsabilidade social da granxa ecolóxica.

Visita á Lonxa

O luns 4 de abril de 2022 o departamento de bioloxía organiza unha visita á lonxa de muros cos alumnos de 1º ESO. O desplazamento fíxose andando, polo que entre ir e volver os alumnos camiñaron aproximadamente 6 Km

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut