Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización de Igualdade

Exposición sobre a diversidade sexual e a homofobia realizada por alumnado de 2º BAC

O alumnado de 2º BAC da materia de Debate escolleron para o terceiro trimestre afondar na temática da diversidade sexual e a homofobia. Coas conclusións deste traballo elaboraron unha exposición con información sobre os conceptos e as polémicas máis recentes sobre esta temática.

 

7.jpg

Charla de alumnado sobre os Premios María Josefa Wonenburger e Quizz

Por seguna vez temos no noso centro a exposición elaborada pola Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade coa vida e obra das científicas galegas gañadoras do Premio María Josefa Wonenburguer Planells.

charla 12.jpg

Obradoiro de Novas Masculinidades na Semana Cultural, con alumnos de 2º BAC.

Nesta Semana Cultural visionamos cos alumnos de 2º BAC o documental “The mask you live in”, sen dúbida a mellor análise que coñecemos ata o momento, da dureza do proceso de construción da identidade masculina na adolescencia.

THE MASK YOU LIVE IN.jpg

Obradoiro de Sexualidade con alumnas de 2º BAC

Na Semana Cultural deste ano decidimos traer ao noso centro a experiencia presentada por Carmen Ruíz Repullo na investigación “La violencia sexual en adolescentes de Granada”. Realizamos o cuestionario anónimo e unha posta en común sobre os resultados do mesmo coa primeira xeración do IES Fontexería formada en igualdade desde 1º ESO.

3.jpg

III Xornadas de Convivencia e Igualdade en Guimaraes

Por tercer ano consecutivo organizamos as Xornadas de Convivencia e Igualdade co alumnado de 1º BAC, ESA e 4º ESO de 16-17 anos ou máis.Mantemos o formato de obradoiros separados por sexo, abordando a construcción social da masculinidade e novas masculinidades cos alumnos, e o mito da beleza - Naomi Wolf- e a sexualidade feminina –“Compracer ou con pracer”- coas alumnas.

 

MASCULINIDADES2.jpg

Obradoiro "Escoita o meu son : Quen dixo medo?"

O alumnado de 3º ESO participou na charla coloquio sobre violencia na música "Escoita o meu son: Quen dixo medo?", organizada pola Deputación da Coruña, dentro das actividades programadas desde o  centro no proxecto de Igualdade. A escolma das letras presentadas foi moi acaída, xa que o alumnado coñecía todas elas, pero non se cuestionara as implicacións sociais e psicolóxicas das letras das mesmas (aínda que identificaran o sexismo explícito).

 

5.jpg

Charla de sexualidade a cargo da matrona de Muros

O alumnado de 2º e 3º ESO participou na charla coloquio sobre sexualidade e relacións sexuais na adolescencia, a cargo da matrona do centro de saúde, que colabora co noso centro desde hai varios anos. Esta actividade, enfocada de maneira cercana ás experiencias do alumnado, busca responder as dúbidas máis frecuentes na adolescencia, así como detectar prexuízos para dotalos de argumentos cos que os superar.

3.jpg

Obradoiros a cargo de alumnado de 4º ESO dirixidos a alumnado de Primaria

Por tercer ano consecutivo, o alumnado de 2º ciclo da ESO acude ao seu antigo colexio de Primaria, o CEIP Ramón de Artaza, a realizar charlas-coloquio co alumnado de 3º, 4º, e 5º. Nesta ocasión escolleron temas coma a publicidade sexista, os estereotipos de xénero, o modelo de masculinidade que ofrecen as películas de Disney e o conto de Arturo e Clementina.

 

 

Profesoras responsables: Susana Blanco, Sonia F. Casal

PUBLICIDADE.jpg

Charla a cargo de Pantallas Amigas: Violencia de xénero e novo contexto dixital

Co obxectivo de non limitar a loita contra a violencia cara as mulleres á data do 25N, organizamos ao longo de todo o curso actividades diversas para abordar esta temática desde puntos de vista diversos. Con esta idea, un ano máis solicitamos a charla de Pantallas amigas: "Violencia de xénero e novo contexto dixital" para o alumnado de 2º e 4º ESO.

3.jpg

Exposición "Cartas de amor"

Facía dous cursos desde a última vez que esta excelente exposición "Cartas de mor: 15 artistas contra a violencia de xénero" estivo no noso centro, polo que o alumnado de 2º ESO non tivera oportunidade de vela. Por esta razón, destinamos a charla que desde a Secretaría de Igualdade ofrecen xunto cos carteis, ao alumnado de 2ºA da ESO.

CHARLA1.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut