Formación ocupacional
- Cursos de Formación Ocupacional da Xunta de Galicia (pódense consultar nos portais do Servizo público de Emprego da Xunta ou contactando coas oficinas ou centros asociados de emprego).
-
Escolas Obradoiro e Casas de Oficio (pódese solicitar información ao técnico de información laboral do propio Concello ou a través de centros ou oficinas de emprego)
-
Formación non regrada en academias (nas que se poden obter unha formación autorizada para o desempeño dunha profesión: perruquería, tripulante de cabina de pasaxeiros, …)
-
Preparación de Oposicións
Garda Civil. Escala Básica (18 anos e probas selectivas).
Policía nacional (18 anos e probas específicas. No caso de Policía local requírese titulación de Bacharelato.
Forzas Armadas Profesionais. (a partir de 18 anos e titulación equivalente a graduado escolar)
Bombeiros (18 anos,título de graduado na ESO, carné de conducir, proba específica. Nalgúns casos, como bombeiro de aeroporto fai falla título de Bacharelato).
Protección Civil
Oposicións ao Grupo C2 (titulados na ESO ou na formación profesional de grao medio)
Oposicións ao Grupo C1 (titulados en Bacharelato ou técnico superior de formación profesional)