Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Parlamento Xove 23



 
 
 
A XUVENTUDE MURADÁ... CONVENCE
 
Sara Figueiras, Manuel Esmorís, Noelia Sieira e Hugo G. Lestón (de esquerda a dereita, na imaxe) foron es participantes muradaes no concurso de debate organizado pola Consellaría de Política Social e Xuventude para o alumnado das aulas galegas (o Parlamento Xove!). Logo dunhas intensas semanas investigando sobre o tema anual do certame, o envellecemento da poboación e as perspectivas de futuro do "estado do benestar", concluíron cunha idea...: que a xuventude está preparada pra asumir, comprometerse e solucionar con boa cara os problemas que lle veñan por diante! 
 
Nesta ocasión tiveron a axuda do coordinador filósofico, Raúl Lojo (na foto), e do coordinador lingüístico, Lucas de Fontela. O equipo viaxou até O Carballiño na segunda fin de semana de marzo para enfrontarse na primeira rolda aos equipos chegados de Carril, Vigo e Monforte de Lemos. Tras os nervios do debut, o batallón muradán conseguiu vencer e convencer nos dous últimos debates dialécticos. Ao final do día, a clasificación amosou que es estudantes da Fontexería quedaran no posto número 9 de 18. Metade da táboa e unha mágoa porque por só uns puntiños o equipo clasificaría para a final (8 equipos disputarán esta derradeira fase eliminatoria durante o mes de Abril no escenario principal do Parlamento, en Compostela).
 
O orgulho deste equipo queda, porén, moi alto, pois fomos de menos a máis no canto público... e fomos dos poucos equipos que debateu e convenceu na nosa lingua! Mandamos desde aquí un saúdo crítico á Xunta para que en eventos vindeiros este factor sexa, cando menos, un plus en canto á valoración global da participación! Muros en galego, e Galiza en galego! Fórmate e fala! :P
 
 Se queredes ver que ben o fixeron, pinchade acá e ide ao minuto 6h48': https://www.youtube.com/watch?v=Cpru6Z2BMiE
 
 
E nesta ligazón tendes fotografías da xornada:             https://youtu.be/3beLn4A2qro


Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut