IV Xornadas de Convivencia e Igualdade de Guimaraes
· E con estas son xa as IV Xornadas de convivencia e igualdade que tiveron lugar en Guimaraes, nas que participou alumnado maior de 16 anos dos grupos de 4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato do centro. Desenvolvéronse os obradoiros de Novas Masculinidades, co alumnado e de Sexualidade e Autoestima Feminina coas alumnas, a cargo de profesorado do centro (31 de xaneiro e 1 e 2 de Febreiro). Cómpre salientar a boa acollida e o debate que xurdiu ao redor do visionado de "Persiguiendo a Amy", a pesares de que a película avellentou mal desde unha perspectiva técnica.Porén, a temática enganchou ao alumnado, e sirveu de punto de partida para unhas xornadas nas que a temática das relacións sexuais entre adolescentes estivo máis presente ca nunca.
EeXaora, entre a valoración do alumnado destaca positivamente a oportunidade de poder falar de sexualidade dun xeito aberto e centrándose nos aspectos subxectivos, relacionais, de expectativas, demandas, etc...Entre as demandas realizadas,destacamos o desexo de continuar con estes obradoiros no marco da Semana Cultural do insitituto, a finais deste segundo trimestre.
Todo isto, acompañado do descubrimento que moito alumnado fai de Portugal e da lingua portuguesa nas visitas guiadas por Braga e Guimaraes!
E
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2guimaraesmitobeleza2020.pdf | 12.35 MB |
CON PRACER.pdf | 4.73 MB |