Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Conferencia Solvay de 1927

O industrial e filántropo belga, Ernest Solvay foi o que organizou varias conferencias en Bruxelas sobre física (a primeira en 1911).
As patentes químicas fixeron a Solvay rico e utilizou parte da súa fortuna en organizar as conferencias. Sen dúbida a máis famosa de todas foi a quinta que tivo lugar en outubro de 1927, á que asistiron ás mentes máis privilexiadas do momento. Dos 29 asistentes, 17 eran xa, ou foron máis tarde, premios Nobel: Einstein, Marie Curie, Bohr, Pauli, Planck, Schrödinger, Dirac, Lorentz, Max Born e Heisenberg por citar os máis coñecidos.   


A foto máis famosa da historia da ciencia
Imaxe: Conferencia Solvay 1927. Wikimedia Commons 


A anécdota de aquel encontro protagonizárona as dúas figuras da época: Einstein e Bohr. Cando ambos os dous discutían sobre o principio de incerteza de Heisenberg, o primeiro fixo a súa famosa obxección:"Deus non xoga aos dados", ao que Bohr replicou, "Einstein, deixa de dicirlle a Deus o que debe facer".


 



 



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut