Banda Deseñada
No curso de 4º de ESO, na materia de Francés seguiuse a polémica xurdida ao redor do Gran Prix do festival de banda deseñada de Angulema pola ausenza de mulleres na selección previa de 30 nominados feita polo xurado. Analizáronse os argumentos esgrimidos nos dous sentidos e pescudouse a obra de mulleres dedicadas á banda deseñada en todo o mundo.O alumnado realizou traballos en diversos formatos sobre a obra destas mulleres,e presentáronllos ao seu grupo-aula.
Visionouse tamén a película “Persépolis”, baseada no album da iraniana Marjane Satrapi, prestando especial atención ao efecto da chamada "revolución iraniana" sobre a vida das mulleres.
Exemplos de traballos realizados polo alumnado: