Skip to Content

Complementarias

Alumnado de 1º ESO visita Meteogalicia e o Museo de Historia Natural da USC

Alumnado de 1º ESO visita Meteogalicia e o Museo de Historia Natural da USC

O martes 28 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO visitou as instalacións de Meteogalicia en Santiago de Compostela, onde puido participar no lanzamento da Radiosondaxe, que tódolos martes realiza esta entidade, Ademais asisitiron a sendas charlas sobre aparellos e conceptos relacionados coa Meteoroloxía. Completaron a mañá visitando o Museo de Historia Natural da USC, onde realizaron un percorrido guiado polo Museo, contemplando as distintas seccións da Biodiversidade que alí aparece. Foron acompañados polo profesorado Ana Bueno, Sara Brea, Paula Fernández e Mar Tejero. Esta actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

Alumnado de 1º ESO en Meteogalicia

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de visita en Burgos e Atapuerca

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de visita en Burgos

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato están en Burgos nunha actividade programada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Filosofía, acompañado polo profesorado Loli Rego, Sara Brea e Víctor González. Durante dous días (18 e 19 de decembro) visitarán o Museo da Evolución Humana, a Catedral de Burgos ou o xacemento arqueolóxico de Atapuerca entre outros lugares de interese.

Alumnado de Bacharelato asiste ao Salón de Orientación Universitaria en Vigo

Alumnado de Bacharelato en UNITOUR Vigo

 O alumnado de 1º e 2º Bacharelato do noso Centro asisitiu, na mañá do martes 17 de decembro, ao Salón de Orientación Universitaria que organiza Círculo Formación. Unitour celebrouse no Auditorio do Mar de Vigo e serviulle ao noso alumnado para coñecer a oferta das universidades, entre elas as tres galegas, así coma para resolverlles dúbidas acerca dos diferentes graos, plans de estudos, tarifas, becas ou aloxamentos entre outros aspectos do ámbito universitario. Foron acompañados polo profesorado Esther de Andrés, Sara Brea, Mar Tejero e Víctor González. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

Campaña "Valga recicla"

Valga recicla curso 2019-2020

 

O IES Valga aposta pola reciclaxe. Este curso académico por iniciativa do departamento de Física e Química e coa colaboración do departamento de Orientación implicouse ao alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos para realizar a través das titorías espazos de reciclaxe nas aulas de cada un deles. Durante este mes de novembro prepararon dúas caixas para depositar residuos, diferenciando os residuos de papel dos de plástico e así contribuír a unha maior concienciación da reciclaxe por parte de toda a comunidade educativa.

Con esta campaña os diferentes espazos do IES Valga contan con caixas para contribuír a esta campaña que leva por título "Valga recicla"

Valga recicla IES Valga 2019-2020

Exposición "Tarxeta vermella ao maltrato machista"

Exposición tarxeta vermella ao maltrato machista

Nesta semana e coincidindo co Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, 25 de novembro, temos no corredor da planta baixa do noso Centro a exposición "Tarxeta vermella contra o maltrato machista". O departamento de Orientación realizou nas titorías dos diferentes niveis da ESO tarxetas con frases para expresar o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia machista. A profesora do departamento de Educación Plástica e Visual, Mar Tejero, co alumnado de Debuxo Técnico de 1º Bacharelato colaborou no deseño e colocación desta exposición.

 Exposición tarxeta vermella ao maltrato machista

Distribuir contido


by Dr. Radut