Skip to Content

Actividades

Torneo de Xadrez 2017-2018

Torneo de Xadrez 2017-2018 O Torneo de Xadrez deste curso chegou ao seu final coas partidas da última ronda celebradas a pasada semana. Despois de cinco rondas, o vencedor do Torneo foi o alumno de 3º ESO, Alejandro Rodríguez Serramito. O torneo celebrouse durante os recreos do martes e xoves deste trimestre na Biblioteca do noso Centro. Foi organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca. En vindeiras datas celebrarase a entrega de permios.  
   

Entrega dos premios "Canguro Matemático" e Torneo de Xadrez 2016-2017 na Biblioteca

Premios participantes ao concurso IMATXINA 2017 Gañadores do Torneo de Xadrez 2016-2017 O pasado venres, 26 de maio, tivo lugar a entrega polo xefe do departamento de Matemáticas, José María Barca, dos premios aos participantes de todos os cursos da ESO no concurso "Canguro Matemático" 2017.

Alumnado de 1º ESO participa nos Obradoiros Matemáticos de Imatxina en Vigo

Alumnado de 1º ESO en Imatxina 2017 en Vigo  Alumnado de 1º ESO en Imatxina 2017 en Vigo O pasado venres 24 de marzo, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o alumnado de 1ºESO desprazouse ata Vigo para participar nos Obradoiros Matemáticos de Imatxina organizados pola Fundación Escola Rosalía e AGAPEMA. Durante hora e media estiveron tratando de resolver os diferentes retos e problemas que lles propuxeron.

Alumnado de Robótica e Matemáticas I de 1º Bacharelato participa no Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión

Alumnado de 1º Bacharelato no Campionato Internacional de 3D Mobile de Precisión   Alumnado de 1º Bacharelato no Campionato Internacional de 3D Mobile de Precisión    Alumnado de 1º Bacharelato no Campionato Internacional de 3D Mobile de Precisión

O alumnado de Robótica e unha parte do alumnado de Matemáticas I de 1º de Bacharelato está a participar  no Campionato Internacional de Modelado en 3D de Precisión organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
O proceso de modelado en 3D é unha representación matemática dun obxecto mediante software especializado. Esta representación matemática pódese utilizar para crear unha escultura do obxecto mediante unha impresora 3D. Con este proceso podemos crear dende próteses dentarias personalizadas, pasando polo deseño de videoxogos, creación de prototipos de coches, naves, edificios, etc.
O modelado 3D, é un campo moi interesante como fonte de traballo nun futuro próximo.
Neste enlace podedes ver un dos traballos feitos polo alumnado: Maceta en 3D

Alumnado de 1º ESO participa na actividade IMATXINA en Vigo

Alumnado 1º ESO na actividade IMATXINA en Vigo                 Alumnado 1º ESO na actividade IMATXINA en Vigo

O pasado venres 4 de marzo o alumnado de 1º de ESO do noso instituto desprazouse ata Vigo para participar nos Obradoiros Matemáticos que se organizan dentro da XII Edición de IMATXINA. O obxectivo fundamental deste programa é achegar as matemáticas ao alumnado, e á sociedade en xeral, dende un punto de vista manipulativo e participativo.

Ao longo dos diferentes obradoiros, dirixidos en cada un por un monitor, os alumnos foron traballando con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades con calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas.

Participar nesta actividade pensamos que foi un moi bo complemento para a súa formación pois permitiunos achegarnos a outras visións das matemáticas que non sempre están o suficientemente presentes nas nosas aulas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut