Skip to Content

Alumnado de Cultura Clásica realiza un viaxe a Grecia

Alumnado de Cultura Clásica en Grecia    Alumnado de Cultura Clásica en Grecia           Viaxe a Grecia 2016

     Viaxe a Grecia 2016                 Viaxe a Grecia 2016

Do 27 de febreiro ao 5 de marzo, alumnado do IES de Valga, acompañado por dous profesores, realizaron unha viaxe a Grecia, combinando a visita á súa capital, Atenas, e a visita a dúas das máis importante illas Cícladas do Mediterráneo: Mikonos e Delos.
A viaxe foi moi satisfactoria para todo o grupo e os profesores acompañantes, posto que poideron apreciar en Atenas varios dos monumentos máis importantes da cultura occidental, como o Partenón e o conxunto monumental da Acrópole, así como visitar varios dos museos máis sinalados da cidade. Ademais o alumnado poido facerse unha idea moi precisa da vida dos gregos no mundo antiguo, ruando pola cidade, e tamén tomar conciencia de como a última crise golpeou seriamente aos gregos e gregas da actualidade, percibindo unha situación moi similar en moitos aspectos á realidade de Galiza e do Estado Español.
Ademais a viaxe serviu para admirar a illa e a cidade de Mikonos, unha das illas na actualidade máis turísticas das Cícladas gregas, onde tamén, quen así o quixo, puido tomar o primeiro baño do ano no Mediterráneo. A visita a Mikonos serviunos tamén para poder acceder a Delos, acompañados por dous guías oficiais. Delos é unha illa relativamente pequena, patrimonio universal da Unesco, deshabitada na actualidade, porque toda a illa é un inmeso xacemento arqueolóxico, conservándose in situ, en extraordinarias condicións, unha das máis sorprendentes cidades gregas do mundo antiguo, famosa por ser unha parada comercial obrigada para os navegantes da antigüidade.
Agardamos que a próxima viaxe organizada polo departamento de Cultura Clásica sexa aínda máis interesante para o alumnado.



page | by Dr. Radut