Skip to Content

Admisión de alumnado en centros públicos 2016-2017

Xa está en marcha o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. Fai clic nesta ligazón http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048 para acceder á información oficial.

Lembramos que, de acordo co establecido no artigo noveno da Orde de 12 de marzo de 2013 [ver na ligazón], o alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

O prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito será o período comprendido entre o 1 e o 21 de marzo (Anexo II) que se pode descargar de tal ligazón.                                                                                                                    



page | by Dr. Radut