Skip to Content

A profesora de portugués do IES Valga, Olga López, participou no PIALE

 

A profesora de portugués do IES de Valga, Olga López López, participou no programa de inmersión lingüística PIALE  que consta de dúas fases: 

Unha primeira : de integración, consistente na inmersión na vida escolar dun instituto de secundaria público: Josefa de Óbidos de Lisboa durante o mes de novembro pasado. 

Na segunda fase do programa corresponde facer unha memoria, unha unidade didáctica con actividades . A UDI titúlase: “Lisboa coisa boa: Bora lá conhecer a cidade”.  Aquí podes ver esta unidade.

Ao seu regreso ao noso Centro informou aos seus compañeiros e ao alumnado da súa experiencia a través desta presentación en portugués, que podes ver.

No Facebook do noso Centro e no xornal "La Voz de Galicia" do pasado sábado 30 de xaneiro aparece difundida a súa experiencia no PIALE. Neste enlace pódese ler as súas impresións. Ademais podes consultar as conclusións comparativas dos sistemas educativos portugués e galego neste documento.

 

 

 


page | by Dr. Radut