Skip to Content

Empresa e iniciativa emprendedora

O módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora ten o  obxectivo de proporcionar información de cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego tanto por conta allea como cara ao autoemprego e desenvolver a iniciativa emprendedora, deseñando un plan de empresa que teña en conta as peculiaridades do sector económico en que desenvolveactividade do voso perfil profesional

A aprendizaxe buscará a adquisición dos contidos a nivel teórico e práctico, polo tanto  as alumnas e alumnos realizaredes en pequenos grupos un plan de empresa partindo da vosa propia idea de negocio.

No desenvolvemento do módulo analizaremos os seguintes bloques temáticos:

  • Iniciativa emprendedora.
  • A empresa e a súa contorna.
  • Creación e posta en marcha dunha empresa.
  • Función administrativa.

Estes contidos permitiranos acadar os seguintes resultados de aprendizaxe:

  •   Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.
  •   Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.
  •  Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

§  Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación.

O módulo de E.I.E. impartirase no segundo curso dos ciclos. Ten unha duración de 53 horas ou 63 sesións de 50 minutos cada unha, distribuidas en tres sesións semanais en réxime ordinario o de dual e en dúas sesións semanais no réxime de adultos ao logo de tres trimestres.

 



page | by Dr. Radut