Skip to Content

Sol, bo humor e moita enerxía na carreira pola lingua do IES Valga (15/04/2011)



                                      Prema   na foto  para ver Galería de Imaxes


Moitos chegaron correndo, moitos andando, pero todos cun sorriso e .......ningún a gatas! Todos os alumnos e alumnas e moitos profesores do IES Valga participaron na iniciativa "Bota unha carreira pola lingua" o venres 15 de abril. Baixo un sol de xusticia, os atletas e non tan atletas, os mozos e non tan mozos despregaron enerxía e bo humor á hora de defender o idioma galego amosando a súa boa forma. En total, unhas 400 persoas participaron nun evento que, en vocabulario xuvenil, arrasou.



O alcalde, José María Bello Maneiro, animou ó Instituto a seguir con esta iniciativa no futuro. Agradecemos a colaboración do Concello e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística: gracias a eles a carreira foi lucida xa que todos os participantes levaban camisetas deseñadas especialmente para a ocasión polo profesor Baldomero Fernández (responsable do Equipo de Dinamización Lingüística do IES), organizador do evento xunto co profesor Paco Sebio.



Miriam e Brais rapearon a favor da lingua galega.



Os membros da Banda deron o pistoletazo de saída co Himno Galego.



.........e a correr!



O primeiro en chegar foi Marcos! Iso do fútbol fai marabillas....



E Carolina foi a primeira muller na meta.



Paco foi o primeiro profe....



E Blanca a primeira profe.



Tamén Olga, a directora, amosou estar en boa forma, chegando en pouco tempo.....


Todo rematou cunha festa no patio: repartíronse refrescos e froita subvencionados por varias empresas da zona e houbo música (rock galego exclusivamente!)


Pois noraboa a todos e todas. Podedes ver o resto das fotos na galería.


E non esquezades falar galego con orgullo!


 



page | by Dr. Radut