Skip to Content

Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO participou no "Campionato de Robótica da UVIgo"

Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO no Campionato de Robótica da UVigo

 Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO participou, xunto a outros 27 equipos das catro provincias galegas, no "VII Campionato de Robótica" organizado pola Universidade de Vigo. Esta competición de robots xuntou, o venres 19 de abril, a máis de cen equipos na Escola de Enxeñería Industrial do campus vigués. Nesta proba púxose a proba a capacidade de creatividade e coñecementos de programación do alumnado participante, ademais de promover a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos. Foron acompañados polos profesores Diego Flores e Fran Senín. A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía.

                            Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO no Campionato de Robótica da UVigo



page | by Dr. Radut