Skip to Content

Alumnado do 1º curso do SOCA Dual e do Certificado de Profesionalidade de Soldadura participou nun taller de Primeiros Auxilios

Taller de Primeiros Auxilios para alumnado de Ciclos DUAL

O IES Plurilingüe de Valga segue a traballar na prevención de riscos e aplicación de técnicas de primeiros auxilios co noso alumnado.
Nesta quenda participou  nun taller teórico-práctico de primeiros auxilios, o alumnado de 1º do C.F.M. de Soldadura e Caldeiraría de Dual xunto co alumnado do Certificado de Profesionalidade de Soldadura TIG e con electrodo, que nestes intres se está a impartir no centro.  
O obxectivo do mesmo foi fomentar a prevención de riscos laborais e proporcionar  coñecementos sobre as técnicas  básicas de primeiros auxilios, que o alumnado identifique situacións críticas e  pode actuar, ata que punto siga os principios xerais de actuación e mellore as habilidades na prestación básica de primeiros auxilios e en particular, no que se refire ás medidas do soporte vital básico e o uso do desfibrilador.
A actividade, foi organizada e impartida pola responsable do Departamento de Formación e Orientación Laboral en colaboración co Servizo de Emerxencias de Valga, a tarde do xoves 21 de Marzo.

Taller de Primeiros Auxilios para alumnado de Ciclos DUAL



page | by Dr. Radut