Skip to Content

Alumnado de Ciclos agasallado por MC Mutual conmemorando o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2023

Alumnado de Ciclos agasallado por MC Mutual no Día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo 2023

Unha da nosas alumnas de Mecanizado, Irene Piñeiro Rarís  e dous alumnos de Soldadura e Caldeiraría, Raúl Piñeiro Martínez e Esteban Búa Solla foron finalistas na XV edición dos premios MC 28 de abrilDía Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, otorgándoselle a éste último un accésit.
Por ese motivo, acaban de recibir uns agasallos de mans de MC Mutual, empresa saudable que traballa no campo da seguridade e saúde laboral, promovendo a conciencia preventiva e entre otras cousas, convocando este certame coa finalidade de conmemorar o “Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo” aportando unha visión positiva da prevención desde a perspectiva dos traballadores e dos estudantes.
Nestes intres, xa estamos a traballar no novo certame. Seguimos  a traballar pola prevención contribuíndo coas nosas aportacións. Parabéns!!! ao alumnado participante.

 



page | by Dr. Radut