Skip to Content

Acto na Biblioteca para conmemorar o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" 2024: "Música pola Paz"

Día da Paz 2024  O martes 30 de xaneiro, durante o segundo recreo conmemoramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz", fundado en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín  Llorenç Vidal en homenaxe a Mahatma Gandhi no aniversario da súa morte ocorrida o 30 de xaneiro de 1948. Este curso os departamentos de Filosofía, Relixión e Música co seu alumnado e en colaboración coa Vicedirección realizaron un emotivo acto na Biblioteca: "Música pola Paz".

A actividade comezou coa lectura dun manifesto lido polas alumnas de 1º Bacharelato Ana Sanmiguel e Carla Herrero en prol da Paz. O acto continuou coa lectura de dous poemas a cargo do profesor Avel Turnes, a interpretación de dúas pezas musicais por parte do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato: "Hey Brother" de Avicii e "La salvación" de Arde Bogotá; finalizando este acto coa proxección dun vídeo elaborado polo alumnado de Filosofía de 1º Bacharelato. Tamén destacamos a pancarta alusiva a esta conmemoración realizada polo alumnado de Relixión e a  exposición, que se pode ollar no corredor da planta baixa, de pombiñas-compromisos pola Paz realizadas polo alumnado.

Día da Paz 2024

Día da Paz 2024

Día da Paz 2024



page | by Dr. Radut