Skip to Content

Actividades fin do primeiro trimestre

Alumnado asistente actividades fin do 1º trimestre

O xoves 21 de decembro tiveron lugar no noso centro diferentes actividades como limiar das vacacións do Nadal e remate do primeiro trimestre. A mañá comezou cun Torneo de Xadrez na Biblioteca, no que participaron 30 alumnas e alumnos de diferentes niveis. O gañador foi Siro Castro de 3º ESO, seguido de Xián Bouzón de 2º Bacharelato e Jesús M. Lafuente de 4º ESO. Os premios aos gañadores foron entregados polo profesorado Laura Souto e Víctor González.
No patio cuberto tiveron lugar o resto das actividades, comezando coa actuación do alumnado de Música que interpretaron “Músicas do mundo”, dirixidos polo seu profesor Ismael Cabaleiro. Ao final da actuación houbo un momento para a despedida por xubilación do noso compañeiro, profesor de Filosofía e coordinador dos clubs de lectura, Víctor González Zuñiga.
A continuación, repartíronse uvas entre os asistentes para celebrar o “fin de trimestre”, coméndoas a ritmo das tradicionais doce badaladas. Este acto precedeu a un disputado encontro de baloncesto entre o equipo do alumnado e o profesorado, con vitoria do profesorado.
Despois tocou a hora de repoñer forzas cunha chocolatada, xentileza da ANPA. E tras ese paréntese, finalizamos cun karaoke por parte de alumnado de Lingua Galega de 3º e 4º ESO, aínda que o momento máis emotivo foi a despedida ofrecida ao profesor Víctor González por parte do resto do claustro interpretándolle unha versión moi particular da canción de Alaska e Dinarama: “El Rey del Glam”. Foi o colofón para esta maratoniana mañá de actividades. Bo Nadal!!! a toda a comunidade educativa do noso centro.

Alumnas participando no Torneo de Xadrez

Primeiro posto Torneo Xadrez, Siro Castro 3º ESO

Alumnado de Música co seu profesor Ismael Cabaleiro coa actuación "Música do Mundo"

Reparto das "Uvas fin de trimestre"

Partido de baloncesto alumnado vs profesorado

Chocolatada, xentileza da ANPA

Karaoke por alumnado de Lingua Galega de 3º e 4º ESO

Acto despedida do profesor Víctor González

 

 



page | by Dr. Radut