Skip to Content

Alumnado de 1º Bacharelato asistiu á proxección de “Matria” na sala NUMAX

Alumnado de 1º Bacharelato na sala NUMAX, Santiago

O xoves 30 de novembro, o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a unha sesión cinematográfica na sala NUMAX de Santiago de Compostela ademais de realizar unha xincana fotográfica por diversos espazos da cidade. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura e o alumnado foi acompañado polo profesorado: Ana Castro, Lucía Gómez e Víctor González.

A continuación podemos ler unha reseña desta saída didáctica por parte do profesor de Filosofía, Víctor González: "Boas. Eses da foto son alumn@s de 1º de bacharelato e coñecen o Mito da Caverna de Platón, que o temos traballado na clase mesmo este ano para explicar que é a filosofía, e a pouco que lle preguntedes, algo dirán ao respecto, por exemplo que hai uns prisioneiros metidos nunha caverna, atados de pes e mans e co pescoxo amarrado a un tabique, polo que so poden mirar para diante, e dirán tamén, a pouco que lembren, que detrás dos prisioneiros, e por riba do tabique ao que están amarrados, hai un lume que ilumina  a estancia, se un prisioneiro se liberase das cadeas que o manteñen amarrado e puidera saír da caverna, pronto se decataría que a realidade que se atope fora da caverna ten moita máis verdade que a que había dentro, unha apariencia, sombras que se proxectan enfronte da parede onde fican eles amarrados, así o contarán os alumn@s, máis ou menos. En fin, se alguén non entendeu, que imaxine un cine, ese é o escenario, os prisionerios serían os espectadores, eses mesmos alumn@s, saíndo do NUMAX despois de ver MATRIA, nunha actividade, educativa como poucas, organizada por la profesora de galego Ana Castro Pardo, pois ben, por unha vez, a apariencia da pantalla do cine contén igual ou máis verdade que a realidade que podemos atopar fora, no mundo que chaman real, xa que poucas películas describen con tanta potencia e claridade a vida dunha muller loitadora como poucas, indomable, feita de ferro polas circunstancias nas que vive..., ou malvive; en fin, sen dúbida haberá mulleres así polo mundo adiante, mais presentadas en imaxes tan fermosas e emotivas como as de MATRIA, fai que sintamos mais agarimo e comprensión por elas. Unha xornada de moito proveito en Compostela. Grazas, Ana , e a Lucía Gómez Rial, e a un servidor, e a os alumn@s, por suposto. Grazas".

                   Alumnado 1º Bacharelato na xincana fotográfica por Santiago



page | by Dr. Radut