Skip to Content

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos

O alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixo o xoves 23 unha visita a Gama e Hijos, empresa dedicada ao deseño, produción e montaxe de estruturas metálicas e caldeiraría, e tamén reparación e mantemento de instalacións mecánicas industriais.
Na visita o alumnado viu os procesos de produción, a maquinaria e o produto acabado.
Gama e Hijos é unha empresa que colabora estreitamente co noso centro dende a implantación dos ciclos formativos. Moitos alumnos de FP Básica, Ciclo Medio e do Ciclo Superior de Fabricación Mecánica fixeron prácticas na súa empresa.
O alumnado foi acompañado polos profesores Luciano Rodríguez e Jose Luis García.

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos



page | by Dr. Radut