Skip to Content

Visita á empresa Aluminios Cortizo do 2º curso dos Ciclos Formativos Superior e Medio

Alumnado do 2º curso de Ciclo Superior e Medio en Aluminios Cortizo

Este pasado 8 de novembro, dentro das actividades organizadas polo Departamento de FOL, e no marco das accións de colaboración formativa con empresas do sector, tivo lugar a visita dos grupos de 2º de CS de Construcións Metálicas, 2º CM de Soldadura e Caldeiraría de réxime Ordinario e Dual ás instalacións da sede central de Aluminios Cortizo en Extramundi-Padrón.
Na chegada recibiron un taller de empregabilidade con persoal do Depto. de Selección de persoal, co obxectivo de darlles a coñecer estratexias no proceso de procura de emprego e nos procesos de selección, ademais de acaceder ao seu portal de emprego deixando o seu c.v . na base de datos da empresa.
Posteriormente realizaron unha visita guiada por Antón García Cristobo, Responsable e Técnico do Departamento de formación e captación de talento, que lles explicou con detalle todo o proceso completo do ciclo do aluminio, dende as fases de fundición e extrusión de materia prima ata os acabados e materialización en productos diversos, rematando cunha exposición dos mesmos no showroom que a empresa ten na área de I+D+I. Na mesma acudiron acompañados polas docentes Yolanda Carbia e Bibiana Bértoa.

Alumnado do 2º curso de Ciclo Superior e Medio en Aluminios Cortizo



page | by Dr. Radut