Skip to Content

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu a unha charla sobre a cultura anglosaxona na Biblioteca

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato na charla sobre cultura anglosaxona

O mércores 27 de abril e na Biblioteca do noso centro, o alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu a unha charla en inglés sobre a cultura anglosaxona. A actividade foi impartida por Damien, da editorial Burlington Books,  que durante a primeira hora lectiva da mañá explicoulles aspectos socioculturais da cultura anglosaxona, baixo o título "AROUND THE ENGLISH-SPEAKING WORLD". Foi unha conversa moi amena para o alumnado, onde aprenderon sobre aspectos culturais, lingüísticos e outras curiosidades de países que teñen o inglés como primeira e segunda lingua, ademais de participar nos distintos xogos e preguntas que propuxo o poñente. A actividade foi organizada polo departamento de Inglés.

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato na charla sobre cultura anglosaxona



page | by Dr. Radut